Fisterrania: o ‘making-of’

typewriter-464746_1920

A IDEA

Fisterrania é o produto de dúas vellas teimas miñas:

Nunca deixei de escribir, desde o primeiro relato, hai disto vinte e pico anos, ata a última novela, na que ando agora. Unhas veces resultou gratificante, as máis delas todo o contrario. O que en ningún caso podo dicir é que me teña divertido verdadeiramente. A escrita non funciona así. O que se escribe pode valer, mesmo agradar un algo, mais é raro que chegue a satisfacer, polo menos non a min. Así que, despois de tanto tempo e esforzo, entendín que tiña gañado algo ó que entendo que todo escritor debera ter dereito: divertirme sequera un pouco. Pecado non será.

Por outra parte, sempre quixera escribir unha noveliña ambientada na época medieval ou anterior. Estou moi ó tanto de que o Medievo, segundo as investigacións máis recentes, dista de ser un tempo tan caótico, inculto e puritano como o tópico asegura que foi. E, con todo, sigue a ofrecerse marabillosamente, non se me negará, como escenario de historias con alto contido en maxia. Un matiz fundamental: Fisterrania NON é unha novela histórica, coas connotacións grandilocuentes que actualmente se atribúen a tal xénero narrativo, senón unha novela que simplemente transcorre noutro tempo. Fisterrania non pretende resultar didáctica. A quen busque un traballo de documentación nivel cátedra ou unha verosimilitude incontestable, sinto dicirlle que lle valerá máis petar noutra porta.

A FEITURA

A trama é como debe selo no xénero aventureiro de camiño e espada: lineal e cento por cento comprensible. O estilo, lixeiro, de voar os ollos sobre a liña. A extensión, breve, ó non se pretender unha grande transcendencia, conforme ó estándar da novela de quiosco e da serie B cinematográfica: non digas en cinco palabras o que poidas expresar en dúas. O fío condutor é unha peregrinación, se ben non a que case todo o mundo pensa ó escoitar tal palabra. Collamos para aqueles anos outra distinta da xacobea, menos célebre e igualmente interesante: unha viaxe ó que o Imperio Romano coidaba a fin do mundo. Iso foi real, ademais das lendas que circulaban en torno ó lugar acerca do monstro ó que chamaban Vákner, de descripcións varias e moi diversas, e a bruxa Orca Vella. O demais é por enteiro da miña invención, obedecendo a un enfoque épico, lonxe de calquera academicismo. Omitín certos detalles do ritual orixinal que o peregrino debía executar en destino, modifiquei outros e non me cinguín moito á crónica do bispo Martiros. A Fisterra que atoparedes aquí non é, con case total seguridade, a Fisterra real do século 13. É, por así dicir, unha Fisterra soñada.

Ó comezo, concibira Fisterrania como achegamento ó que se deu en chamar literatura infantil-xuvenil, pois parece que en Galicia hoxe non é un escritor de proveito ata que non toca ese pau. Fracaso total. Todo comezou moi ben ata que a sensualidade, certo morbo, algo de fatalismo e o predominio da acción se meteron polo medio. Se queredes unha narración de aventuras tecida coa liberdade do lúdico, podedes ficar en confianza.

O PROXECTO

O adxectivo que define esta miña primeira edición de Fisterrania é ben doado de seleccionar: artesanal. Procurei evitar toda sofisticación, que aquí representa de xeito inevitable obstáculos, quedando unicamente coa eficacia e a máxima calidade que os meus medios (menos amplos do que querería) me permitiron. Todo o fixen eu. Maquetei ó xeito dos impresores pre-era 2.0, a pulso e medindo, prescindindo de software específico que poidera limitar ou complicar a utilización do arquivo en segundo que aparatos. Pretendo que a novela chegue ó maior número de xente posible, o cal á forza supón optar polo formato máis accesible. O que vos deixo de proba é un PDF dunha calidade máis ca suficiente e lectura agradable, deseñado (a propósito) máis coma un volume facsimilar ca coma un ebook, malia posuír as dimensións deste, por descontado. E a un prezo moi asequible, polo demais, nos dous formatos dispoñibles.

A INTENCIÓN DO ESCRITOR

En poucas palabras: para goce do espírito.

DESCARGA DO CAPÍTULO I DE BALDE

Aquí

E DA NOVELA ENTEIRA

AQUÍ

Anuncios

2 comentarios en “Fisterrania: o ‘making-of’

  1. Pingback: ‘Fisterrania’, outra vía para a novela histórica galega | BiosBardia

  2. Pingback: ‘Fisterrania’, outra vía para a novela histórica galega - Libraría Aira das Letras

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s