A equidistancia dos demais

bench-2737225_1280

Dicía Jean Echenoz que el adoitaba opinar pouco de política por considerarse un mal analista de tal materia. Acaso fora unha réplica preventiva: hoxe seica todo artista debe dar o seu parecer sobre o Goberno, sobre a crise económica (a que houbo, na que seguimos, ou a vindeira), sobre o emprego de fondos públicos e demais. Tanto é así que algunha entrevista lese coma un cuestionario de actualidade coa súa seccionciña de cultura.

Experimento a reticencia de Echenoz con bastante frecuencia, non en encontros coa prensa, porque nin eu son tan relevante, nin teño ocasión de telos por este motivo, senón en sitios coma as redes sociais. Unha das últimas modas, predicible desde hai xa anos, é desexar a quen se amosa equidistante ó tratarse o tema dalgún conflito ou reivindicación un infarto de miocardio, se a masa tivo un bo día, ou unha morte lenta con hemorraxia interna se están coma sempre.

E resulta que eu son, polo común, equidistante.

Un fato de xabarís arrasando un milleiral non é equidistante: consideran unicamente a súa posición e os seus intereses. Se non se concorda con eles, o que se leva é unha colleita botada a perder ou un ataque frontal cos cairos por diante. Eu son equidistante porque non pertenzo ó reino animal, agás en certas situacións nas que é inevitable que abrolle o que de tal teño, coma todo humano. O valor actual do cerebro humano caeu coma o prezo da vivenda a partires de 2008. Hai máis postureo ca nunca ata onde me alcanza a memoria no tocante á cultura en calquera sentido, mais está diminuíndo o uso do cerebro ata un nivel crítico por baixo. Non vexo máis explicación ó feito de que licenciados universitarios aparezan na interné botando pestes de quen, sinxelamente, garda un silencio prudente unha vez asimilada a súa versión dos feitos como fiscal de teatro de títeres, fai por comprender tamén a do acusado, dubida, ata non ver proba definitiva, das dúas por igual e se limita a deixar a súa resolución a quen lle competa e entenda máis, non emitindo, no mellor dos casos, máis ca unha simple opinión.

“Equidistante!”, é o insulto que recibe o que non dispara contra Xan só porque Pericán, que nin é xuíz nin é Deus, coide que mereza catro tiros cunha do doce.

A equidistancia dos demais é o que libraría a Pericán deses mesmos catro tiros se a Xan lle dera por facer coma el de xeito convincente. Por moito que Pericán non se decate, por ter desenchufado o miolo e conectado no seu sitio un avespeiro de velutinas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s