O borracho diante do televisor

drunk-1045137_640

Non sei canto hai que non asino unha petición para calquera causa, polo común nobre. Tampouco me uno á promoción de hashtags contra a violencia de xénero, a falta de caridade cara os refuxiados de guerra ou cousas polo estilo. Non é que considere inxustificadas esas demandas, ó contrario: basicamente, os seus promotores demandan a fin dun acto de violencia. A violencia resulta ben atractiva na arte e mesmo no estudo da Historia, mentres que na vida real debe ser algo a reducir ata o mínimo posible.

Reducir, porque erradicala véxoo tarefa imposible. No espectáculo deportivo sucede ás veces que un borrachuzo deixa caer unha botella de whisky desde o segundo anfiteatro dun estadio. Non é para tomalo a risa: un obxecto de vidro groso en caída desde varios metros pode rematar en traumatismo cranioencefálico de quen nada fixo para o merecer. Decontado, os locutores que cubren o partido dan en recriminarlle a tolemia ó “cafre” (chámanlles moito así, penso que sen caer na conta da connotación racista da palabra) cunha insistencia que se adiviña finxida, por esixencias das circunstancias; os presidentes dos clubs que se enfrontaron secundarán a condena no pospartido con expresión adusta e ollada no micrófono. Daquela, eu imaxino ó borrachuzo no día seguinte á lascada, resacoso no seu sofá, mirando todo aquilo no televisor coa casa fedendo aínda ó seu vómito de churrasco. Dubido que sexa quen de se conmover polo que se lle está dicindo, e non porque sexa un desalmado, senón porque dubido que sexa quen de lembrar a metade da súa noite anterior. Mandalo a un curso para que aprenda os estragos que fai o alcol no corpo e sobre todo na cabeza, por moito que se diga, é moi útil para xerar emprego no gremio dos terapeutas, para pouco máis. Se o quere volver facer, e o normal é que acabe por querer, dun xeito ou doutro, faráo. O legalmente punible do seu acto é a medida disuasoria máis efectiva (e con todo imperfecta) para que o pense ben á vista da vindeira rolda de chupitos.

A violencia, coma a morte mailos outros impulsos primordiais (do amor ó sexo pasando polo odio) é o único que podemos dar por inmorredoiro no tempo que dure a raza humana. Comecei a escribir coa idea de falar da reticencia persistente en boa parte do chamado sistema literario galego a tocar o tema da violencia explicitamente, mais deixámolo para outra volta, por non meter máis a vaca no millo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s