O obxectivo deste blog

Van xa unhas poucas entradas, coa acollida digamos que irregular de sempre, e decátome de que non deixei explicada a finalidade deste retorno. Alá vai:

Igual cá primera Pequena Novela Galega, aínda dispoñible, estoutra xurde cun propósito que se pode cualificar de arriscado, se se quere. Eu non escribo pensando no inmediato. Non adoitan interesarme os temas de máis actualidade e dáme por falar de cinema policial italiano dos setenta cando arde o Twitter coas últimas declaracións reaccionarias de calquera político ou personaxe máis ou menos célebre. Éme indiferente que a miña entrada semanal pase desapercibida. Se ben agradezo moito todas as visitas, o que se procura non é o éxito dos clics no enlace posto a rular pola rede. Inxenuo sería, por bo que sexa o que ofrezo, que o é, esperar unha acollida “viral”, ou sequera moderadamente interesada. A experiencia xa me ten amosado como funcionan estas cousas. Tampouco é imprescindible. Non o é porque o que pretendo é apenas estar.

Estar, si. Cumprir a miña parte do trato, como creo que xa dixen presentando Fisterrania. Foi a miña idea hai 3 ou 4 anos e seguiu a sela encetado o último verán. Malia que despois xoguei a despistar un pouco cando alguén se interesaba polo regreso do blog, dándoo eu como algo moi improbable, a decisión levaba tempo tomada, xuntamente coa de lanzar Fisterrania en liña. Cumpría un soporte para presentar a novela e non se me ocorreu ningún mellor dados os meus recursos.

Digo que pode antollarse arriscado, por infrecuente, o propósito porque as entradas deste blog están pensadas para perdurar. Para seren lidas hoxe, mañá ou ó cabo de 15 anos, se para daquela siguen aquí; eu non penso eliminalas, desde logo. Aquí estarán, para cando queirades.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s