Distintos usos dunha dorna

sea-2599802_1280

O que sigue é outro meu artigo recuperado. Apareceu en Letraenobras.com, non lembro a data exacta. Titúlase coma o presente post. Os trinta e cinco anos dos que falo aí abaixo son hoxe algún máis.

Hai pouco, o Presidente Núñez Feijóo afirmou comprender os problemas dos traballadores por ser el mesmo fillo de obreiro. En realidade, seu pai fora xefe de obreiros, mais o matiz non é tan relevante. Aquí considérase (coma el mesmo) de clase obreira aquel que tiña un avó que ía pescar nunha dorna, malia que o neto só teña subido nunha na recreación dos ataques viquingos a Catoira.

A literatura galega tampouco librou desta confusión. Inza de retratos da clase obreira cualificables, como pouco, de dubidosos. Todos, sexan exemplos de saudosismo da vella garda ou narrativa contemporánea, teñen en común unha imaxinación propia de conto de fadas, cun maior ou menor grao de distancia con respecto á realidade da que falan. Non o chamo engano: entendo que os autores non levan tal intención. Mais o certo é que, tomados coma “radiografía social”, como gustan de dicir os entendidos, resultan máis ben pouco fiables. O personaxe tipo de clase obreira das letras galegas leva nunha man a ferramenta de traballo e na outra un libro de Marx ou, en menor medida, de Keynes. O seu único defecto semella ser o odio como reacción fronte á tiranía do sistema ou das circunstancias. Eu levo 35 anos sendo de clase obreira, e a meirande parte das persoas que coñecín e coñezo neste entorno levan nunha man un vaso de viño/cubata e un exemplar do Marca na outra. Existen individuos semellantes a esoutros de papel, sei de algún e desexaría que foran máis numerosos, mais non é crible se o que se pretende é amosar unha imaxe xeral ou, sequera, minimamente realista (dentro do concepto literario de tal). Tal imaxe é, como moito, a expresión dunha ilusión, e só coma tal debera venderse.

En troques, esta ficción ben intencionada sempre pasou por crónica rigorosa para boa parte da crítica e do público, ou esa é a sensación. É unha das razóns polas que, cada vez que leo nunha crítica literaria o adxectivo “inverosímil” dirixido a unha obra na que non aparecen seres humanos semidivinos, o propio feito se me antolla inverosímil. Diríase que esta palabra, na literatura de aquí, perdeu ou viu moi desfigurado o seu significado.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s