Un burguer na Guía Michelin

Un problema importante no mundo actual é estar fóra do teu tempo. Para algúns, o meirande dos problemas. Vestir vaqueiros de feitura estándar cando home que non os vista slim size é, xa non un marciano, que tampouco sería necesariamente negativo, senón un puto facha, empregando a terminoloxía máis estendida. Preferir o grabado en analóxico cando o concepto de rocanrol se aplica ó eido da estética, ou se lle chama así a algo feito mediante software. Non ser un runner nin ter maldita gana de selo.

Aquí pode xurdir a típica alma buenrrollista, sorrir anxelical e algo condescendente e espetarche, sen a menor agresividade: “estás anticuado, máis nada” e parecer que tal é a conclusión certeira. Que non hai máis. E con isto non quere representarse unha simple obsolescencia derivada da preguiza da idade. A alma buenrrollista está a indicarche, por baixo desa aparente sapiencia distante do impulso de che desexar a morte como reliquia que es, que ninguén che desexa a morte, pero que nada farán por te librar dela se xurde nunha revolta do teu camiño. A palabra razoar significa para a alma buenrrollista o mesmo que diálogo en política institucional. Nada de democracia: fóra formalismos, ou subes ó tren ou che pasa porriba.

Por vocación, noto con máis forza o cambio cando por aquí unha combinación de urxencias económicas e mercadotécnicas máis unha corrente digamos crítica inflamada de ideoloxía buenrrollista semella a piques de proclamar que as novelas de paxinado inferior a 150 son relatos prolongados. Eu hai tempo tiven a ousadía, confeso que favorecida por unha tempada de humor inmellorable, de enviar a un premio de moita dotación económica unha novela que ocupaba 65 páxinas en formato OpenOffice, que serían unhas 105-110 en libro. Sentínme coma se me tiveran preguntado os da Guía Michelin por un recuncho para o repouso do guerreiro e tivera recomendado o Burguer Docar do Camiño Real (os de Lugo captaredes a potencia do símil).

Non estimaba eu, seguindo a lóxica dos tempos, ser nin un Ken Follett nin un Sánchez Dragó, porén. Tampouco digo que teña asumido destino ningún. Todo o contrario. Ha de chegar a onda e hame mandar a zona abisal, supoño. Nin que tal sexa peor ca estar varado nunha costa na que se fala unha lingua que debera entender e non entendo. E téñase presente que estou nese grupo dos que non somos nin de Guía Michelin, nin de Burguer Docar. Os italianos, para dicir “diferente”, din “diverso”. Pero iso é alí.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s