Un intelectual nunha canella

Falando de Dhogs, lamenta Andrés Goteira que hoxe sexa imprescindible contar con padriños (deduzo que se refire, malia o significado máis común desta palabra dentro do mal sentido, a patrocinios) e contactos para poder facer un filme. Hoxe e sempre, témome. A historia do cinema inza de estrés, caídas a rentes do precipicio, coincidencias milagrosas (moitas) e momentos de perigo verdadeiro no que atinxe á procura de financiación e distribución da súa obra por parte do cineasta. Goteira, coa súa vaguidade expresiva, case retrata o proceso coma algo levadeiro, cando adoita supoñer unha estadía nunha sucursal do inferno se se carece de confianza nos despachos.

A xente que se dedica a isto da arte ten sona, a ollos da meirande parte da clase obreira e de boa parte da media e alta, de malgastadores das súas propias vidas. Tal severidade no xuízo pode verse moi atenuada se o individuo se dedica a tal cousa só á volta do traballo de comer, ou se remata por facer diso algo sostible. O ruxir de tripas non permite ós máis dos artistas tomaren moi en serio o que fan. Vexo un lado positivo nese problema. O mundo sería máis insufrible do que xa é se non fora así.

E porén, afirmacións coma as de Goteira poñen en evidencia un fracaso. A arte pensouse en orixe coma unha deformación da realidade (un xeito de que as cousas acaben como eu quero por unha vez, dixo un da Xeración Beat) e moita dela éo. O artista, en cambio, para facer valer a súa arte, debe transitar o mesmo camiño ca un aspirante a concelleiro. É igual que escribas guións de cinema se ningunha das túas compañas de licor café está ou coñece a alguén do gremio disposto a un investimento excéntrico. Podes envialo como se mandan os currículos xuntando carta de presentación. A familiariade do teu nome é o factor decisivo. Igual sucede para o escritor que non despreza a prensa, que por moi versátil que sexa, a pouco chegará se á outra banda da liña non hai unha voz coñecida.

Putada: A arte topa coas relacións humanas como topa ese típico intelectual obsesionado coa vida dos baixos fondos cun malandro nunha canella. A man que guía a navalla cara o seu estómago non leu as súas idealizacións noveladas. Só ve un fulano con traza de terse confundido de barrio.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s