As zamburiñas de James Rhodes

looking-653449_1280

A semana pasada coincidiron dous feitos sen aparente relación:

Por unha banda, James Rhodes, aproveitando que tiña que vir por Vigo para un concerto (isto coido que lle pasou desapercibido a moita xente, e é relevante), provocou a éxtase no galitwitter mediante unha serie de referencias moi amables á nimiedade galega e (o máis importante) en galego. Porque tanto ten que alguén diga que do que máis gusta de Galicia é das zamburiñas; iniciativa semellante xa a tomara, por citar só un forasteiro ilustre e menos coñecido en tempo recente, Kevin Weatherill, alias Dirty Ray, o que fora cantante dos Inmaculate Fools, apaixonado el da empanada e máis entusiasta ca Rhodes no seu amor á terra. Pero o dito: o elemento orgásmico para o pobo foi que Rhodes tuiteara en galego. Non é de estrañar, tampouco, se tal acto mesmo lle custa ó Presidente e a demasiados galegos. Envexei, de feito, a capacidade de abstracción dos extasiados. Moito. Eu só logrei tomar o asunto con certa ironía.

Máis ou menos ó mesmo tempo, linlle a Martin Schultz unha desas frases que dá para destacar en tipos grandes dentro da entrevista, e que resume bastante ben a intención básica da socialdemocracia e o motivo polo que é un imán do odio de tantos votantes de esquerda de hoxe: “Hai que ter o valor de explicarlle á xente que o mundo é complicado”. É dicir: aceptar que nin todo é chegar e encher, nin vai ser sempre como nós queiramos, o mesmo que as solucións que se atopen. Referíase a contrapoñer esta idea á visión dos partidarios da política de Barriga Verde: solucións simples a problemas monumentais.

A Rhodes houbo quen buliu a lle apagar a chama do positivismo un tanto infantil e talvez mercantil das súas mensaxes lembrándolle que a infelicidade agarda invariablemente no fondo do corredor. Puidera ter sido Schultz un deles; non o foi, que eu saiba. Rhodes exerce non de Salvini nin de Trump, pero si un pouco de Beppe Grillo, no sentido de que suxire que todo será moi doado se se fai algo moi sinxelo: no caso de Rhodes, se se sorrí. Nunca os beneficiados pola argallada vivirán dabondo para llo agradecer a quen esparexeu polas cabezas esta teoría-placebo: así correron os xuros bancarios coma a lama nos ríos a rebordar e se elevaron ata dar cos cirros os prezos da vivenda, teñámolo presente.

Aínda que poida que o que de verdade faga Rhodes sexa xustamente o oposto ó que parece que fai: que, resignado á evidencia de que Martin Schultz leve razón, e a diferencia deste, se estea limitando a dicir aquilo que coida que se desexa oír.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s