Vida de área de servizo

A fascinación por iconas da cultura popular pode parecer algo simplemente lúdico, para cando todo o Importante queda resolto. É unha impresión enganosa. Por exemplo, a industria automobilística estadounidense tería moito que lle agradecer durante décadas á aura máxica (mítica, como tanta xente gusta de chamar a tantas cousas, sexan míticas ou non) que moitos lle levan atopado á Route 66, que é unha estrada vella que atravesa un 70 ou 80 por cen de terra con area e chumbeiras nun percorrido de moitas horas e días. Non importa ese asfalto gretado, nin a monotonía do ermo. Importa todo o demais.

Non é unha mala vida, se se coñece punto de partida e destino e se é consciente de ter que facer o camiño inverso. Iso, a unha banda do parabrisas. Eu estou pensando no que pasa á outra: en facer vida nunha área de servizo, que seguramente sexa moito máis esforzado, pois, se ben é común a obriga á fugacidade da visita, o condutor sempre poderá escoller cara onde ir e cando ir, mentres que quen serve tortilla nunha barra ou gasolina ó pé do surtidor está atado a ese lugar e ás súas rutinas.

Penso en todo isto porque, de maneira non literal, fago vida de área de servizo. A xente pasa pola miña vida, fica un pouco, dáme un pouco de si mesma como eu lle dou un pouco de min mesmo, despois é presa do fastío, ou da decepción, ou da impaciencia por se botar de novo á estrada, que sei eu, e marcha. Sei que todos marcharán. Co tempo, aprendín a asimilar ese final, e procuro aproveitar ata onde poida a compaña, e logro que non me desguste demasiado o efémero desta e o repentino da súa desaparición.

Non acho que ser testemuña permanente deste tránsito de almas sexa unha penitencia. De feito, é razoable crer que todo humano, a xeito de aprendizaxe no uso de dous sentidos esenciais coma a vista e o oído, debera facelo polo menos durante unha parte grande da súa existencia. Agora ben, sempre pode volverse algo pesado. Para remedialo, está o que non é asfalto nin terra. Un engano inocuo e gratificante, coma (veñen de lembrarmo neste preciso momento) os carteis coloridos de xeados que se vían antes nos bares á beira das estradas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s