Ano 2002. Os móbiles son ladrillos, aínda están de moda os chats e o messenger e o rock non morreu de todo. O que non cambiou é que sigue habendo fulanos fartos da soidade. Suso Seixas é un deles. Coida ter atopado o seu anaco de felicidade a través dunha web de contactos, pero pouco dura aquela na casa do pobre, din. Porque o que tampouco cambiou é o doado que resulta meterse en camisas de once varas. Por exemplo, e por causa dunha muller, verse no medio dunha loita entre camelos en crise existencial, narcos latinoamericanos necesitados dun psicólogo (ou dous) e antigos militares eslavos capaces de desencadear unha matanza por razóns nada prácticas.
VER O MEIQUIN OF
_________
Pingback: Os cans na bouza. O meiquin of. – A PEQUENA NOVELA GALEGA