O que case todos sabiamos da guerra

multicopista1

Lin hai pouco que en España se publican ó ano 70 novelas sobre a Guerra Civil. Xa comentei por aquí algunha vez, creo, o que opino do tratamento deste tema na literatura, tanto na de aquí coma na de aló. Esas novelas puideran moi ben imprimirse non nunha imprenta industrial, senón nunha vietnamita. Sería máis axeitado para o propósito verdadeiro dos seus autores.

Máis ou menos ó mesmo tempo batín co último artigo de Arturo Pérez-Reverte na prensa dominical. É unha das persoas polas que menos esperaría verme sorprendido a conto do asunto, e porén o que conta nesa páxina vale non sei se por esas 70 novelas anuais, pero pouco lle faltará. Non é nada extraordinario o que conta, tampouco. De feito, a parte que el semella resaltar, a do reencontro de dous irmáns, un a cada lado do campo de batalla, tan novelesca (dese tipo de novelas), é a menos transcendente para min. A que máis compóñena os detalles pequenos que se explican de xeito case rutineiro: como non era raro que os soldados dun bando e do outro se relacionaran con certa normalidade, tanto berrándose obscenidades, coma cantando, coma léndose as noticias uns ós outros ou mesmo dándose ó troco de tabaco ou conservas perante a indulxencia dos oficiais. Detalles coma os que algúns sabiamos, mentres viamos con algo de perplexidade a suposta ignorancia deles, ou resistencia a admitilos, non sei, impresa en libro alleo, polo menos na esencia do que se conta.

O ex soldado ó que cita o articulista explica que acabou combatendo a prol dos nacionais porque foron os primeiros que chegaron á súa vila. Simplemente por iso. Para moitos novelistas, isto pode resultar literariamente insignificante. Para min, todo o contrario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s