O cura e mailo contador de contos

scissors-1008916_960_720

Publicado en Letraenobras.com o 31 de outubro de 2013. Teño que explicar que aquí fixen algo pouco frecuente en min: turrarlle pola corda á besta antes de saber se de certo vira a serpe no medio do camiño. Pareceume conveniente, nun tempo no que tanta xente se deixa levar por ese impulso de cometer calquera atrocidade no nome dunha causa supostamente boa: por coidar estar a facer o correcto, actitude tremebunda entre as tremebundas.

Hai pouco que se creou un grupo de crítica literaria co obxectivo de observar obras idem en galego desde unha perspectiva de análise feminista. En resposta á noticia publicada no seu día nesta web, dicía eu que iso non me ten moito xeitiño, porque entendo que o que se escribe e se oferta ó público non debe ser moralizado. Malia que sexa tema xa moi visto, coma os tratados polo 99% dos articulistas na actualidade, e quizais xa desde moitísimo tempo atrás, imos darlle outra xeira.

O condutor de certo programa radiofónico abusaba dunha expresión para se xustificar ó ser criticado pola súa parcialidade: “obxectivo procede de obxecto; subxectivo, de suxeito”. Sospeito que moitos críticos literarios pensarán algo semellante antes de sentar diante do portátil a redactar a súa visión dun libro. A crítica literaria é algo dependente do punto de vista persoal, como queda dito. O crítico só pode xulgar o que le en función dos propios gustos, coma todo mortal, ou ben das propias lecturas presentes ou (máis frecuentemente) pasadas, referencias sempre discutibles e non necesariamente sinónimo diso chamado “calidade” literaria. Por norma, a súa opinión non ten por que valer máis ca calquera outra.

É moi típico (diría que o normal) que esta opinión veña condicionada por certas inclinacións ou prexuízos. Chámeselle subxectividade, e xa é un problema cando tal opinión remata por influír noutras. Outra cousa aínda peor é propoñernos pasar a literatura por filtros, deixando a calidade literaria ó mesmo nivel ou en segundo plano respecto a determinados requisitos morais, sociais ou políticos. Facer sequera un refrito do anterior xa é unha idea tan absurda coma perversa, ó non existir relación ningunha entre unha e outros, e considerar bo ou acredor de mellor valoración o que cumpre con tales requisitos e malo ou acredor de peor idem o que non, un erro de base. Por moi boa intención que se coide estar a levar (educativa, reformadora, do tipo que sexa), a isto chámaselle tentativa de lavado de miolos, e nunca trouxo nada bo.

De maneira que, señor cura, loe ó contador de contos se o conto lle ten gracia, e se non lla ten déixelle que conte igual, pero non lle chame mal contador de contos por falar sen narrar fábula moral de quen, segundo vostede, vive en pecado.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s