Os camiños que nunca se desvían

Onte soñei que era policía en L. A. Confidential, o filme. O soño en si, moi breve segundo a miña memoria, non deu para moito, pero resultou interesante. Eu era Edmund Exley; Bud White nin aparecía, de feito. A trama daquilo que mal podía chamarse escena era, como adoita suceder nos soños, absurda. Lembro apenas un tiroteo no que estaba implicado eu canda outros tres policías de paisano, arredor dunha casa. Despois, eu acababa atopando á que tiña que ser a miña Lynn Bracken. Sucedía no meirande dos desleixos: nunha rúa, sen máis. Esta Lynn non era coma Kim Bassinger en absoluto: morena, pel pencosa, moi pouco sofisticada e vestida cun top e un deses pantalóns de ioga que están tan de moda. Non me quedou claro se era prostituta; diría que só era unha vítima. Tampouco tiña eu a seguridade se era a min a quen quería, pero algo no seu xeito de me mirar con aqueles ollos verdes estrañamente penetrantes me fixo pensar que si. Do que me contou deducín que o malo non era Dudley Smith (tampouco asomaba o fociño por alí) senón Dick Stensland, que por algunha razón fora alcalde da cidade. Non preguntedes.

Reparade nos sinais. O meu subconsciente coñece ben o terreo. Deseñárame con acerto coma un Edmund Exley e non coma un Bud White; eu son máis un Exley non pola ansia de ascenso profesional a case calquera prezo nin esas ruindades, senón por certa meirande profundidade á hora de considerar os feitos e por menor quentura de cabeza. Aparte, a miña Lynn Bracken era decididamente de arrabalde, cento un por cen poligonera, como din na meseta. E dixen que eu era Exley, pero en verdade só puiden intuilo, ó non chegar a ver a miña imaxe en espello ningún. Sóubeno pola voz, nidia e suave, de ton medio, moi distante da dun macho alta e polas maneiras en consonancia no trato. Con todo, estou case certo de que o meu aspecto sería moito menos señorial có de Guy Pearce.

Róncalle o nabo: nin sequera nunha recreación onírica, dentro dun filme que para min é válido para calquera momento da vida, se ve un libre do clasismo, nin da ausencia de encanto vital, nin dos camiños abertos hai demasiado tempo coma para pretender (caso de que así fose) mudar a súa traxectoria sen que os meus pasos se encamiñasen pola antiga por inercia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s