Derradeira parada

Dicir que a un se lle coñecen xa os anos sería ben pouco novidoso, aínda que se cadra si orixinal na súa acepción principal. O caso é que me sorprendo un algo, ou máis ben o meu eu de hai quince anos se sorprendería de moito nabo, ó botar unha ollada ó que na era analóxica era “o caixón”, hoxe unha carpeta no disco duro do meu portátil velliño, e comprobar que as miñas últimas novelas son historias de amor. Porque a ver: ser, son novelas negras, de ciencia-ficción e (esta é unicamente unha idea que non sei se chegarei a levar a cabo) de terror, pero do que tratan por enriba de todo é dun home e dunha muller ós que o mundo non acaba de comprender nin asimilar cando están separados, e menos aínda cando están xuntos. Si. Un home e unha muller. Heteros e de raza branca, que aínda que de súpeto pareza mentira, tamén son quen de se namorar e esas cousas, aínda hoxe. Xa. Ben sei que nisto tampouco vou á moda, mais ó carallo: a estas alturas, non vou escribir o que queiran outros, agás por unha cantidade con catro cifras mínimo, previo ingreso na miña conta bancaria, e coas súas excepcións.

Ocórreseme que isto poida ser a etapa final. Ás veces os propios actos transmítenlle a un unha especie de sinal. “Adeus, Pippo, adeus”, dicía Pippo alias Fred que lle dicían os obxectos en Ginger e Fred, de Fellini; dicíanllo coma despedíndose del. Teño usado antes este símil; é moi suxestivo. Eu teño a impresión de que, en narrativa longa e en galego, ata aquí cheguei. Case con toda certeza, quedará, e tratará de publicarse no sucesivo, o do caixón/carpeta. Polo demais, estou algo vello de máis para certos inmobilismos, frustracións e soidades. A paciencia dá para o que dá se sabes que o que fas non terá recompensa. Quédame a opción, cando me vexa a gusto, de escribir algún que outro relato, xénero inofensivo, sen público e prestixio caducado.

Gracias a Deus, a este case corentón polo menos dálle polo romance (do verdadeiro, do que ás veces che retorce as entrañas e que vende mal) e non por inclinacións máis perniciosas por debaixo do seu ar pedagóxico e de intención inmellorable. Por isto último si que non tería perdón.

O cambio, creo, foi a mellor.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s