O mundo antes dos presuntuosos

A única novela de Adrian Ross, pseudónimo de Arthur Reed Ropes, compositor inglés de comedias musicais decimonónicas (por iso pode sorprender que sexa unha obra de terror un algo lovecraftiano), está publicada en castelán co título de El agujero del infierno (Valdemar). Ambientada na Inglaterra da guerra entre parlamentarios e realistas, ten como protagonista un estudoso das Sagradas Escrituras que rexeitou tomar partido tanto por Cromwell coma polo Rei, pero deberá exercer de heroe á forza noutra situación ben diferente. Este home, chamado Hubert Leyton, é tamén o narrador, é de supoñer que para lectura por parte doutros ollos, polo que puidera moi ben caer na tentación de omitir o que parece máis vergoñento sobre a súa persoa. E non. Nun detalle que atopei moi grato, e por moito que demostrará despois non selo tanto, non dubida en se definir a si mesmo coma “apoucado”, nin en confesar o moito que lle custa tirar de temperamento perante o seu curmán, un tirano cuartelario de humor impridecible.

Nunca gustei de quen se coida o centro do universo. Non falo só de manifestacións de egolatría coma as de certo actor que, se non lembro mal, esixía ás súas donas que lle aplaudiran ó saír el da ducha. Unha menos evidente tería sido desculpable en quen fai arte, con todo, pois sei por experiencia propia que, se non cres que o que fas paga a pena de verdade, váleche máis deixalo estar e sementar nabos. Pero non. Falo desa xente moi segura de si mesma que se ve capaz dunha influencia definitiva nos actos dos demais. Ese activista medioambiental que coidou que, se agora separas o lixo para reciclar, é porque el andou enchendo de folletos cunha folla verde a túa caixa do correo. Esa feminista que coidou que, se es home, non te comportas coma Silvio Berlusconi e sabes facer a propia cama sen intervención materna foi debido ós longos anos da súa loita para concienciar (ou educar, aínda máis presuntuoso) ós da túa xeración. Ese amigo que coudou que, se acabaches por intentar un achegamento prudente a certa persoa, foi porque el cha tiña indicado.

Esta xente non pide aplausos ó saír da ducha, senón que vive entre o resto e adoita ter un prestixio e unha credibilidade abondosas. Esta xente á que nunca se lle ocorreu que xa eras así antes; que non coñeciches máis influencia nos teus actos cá dos feitos da túa propia existencia; que pensas por ti, sen axuda. Esta xente que moitas veces é a encargada de mover o mundo, e así vai.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s