Outra opinión triste, literaria e negra

dark-2590544_960_720

Preguntaba onte Daniel Ugarte no Twitter a quen quixera responder a diferencia entre os xéneros literarios negro e policial. Contestou César Lorenzo Gil mellor do que puidera telo feito eu; veu dicir que no xénero negro non conta tanto saber quen foi o asasino coma todo o que rodea ó asasinato (o contexto social, quere dicirse), mentres que no policial ou detectivesco morre todo ou case todo interese se na páxina 5 se descubre que foi o mordomo cun abrecartas, entrando por unha trapela oculta debaixo da alfombra.

En síntese, así viría sendo. Moita xente non o ten tan claro, con todo. Hoxe a etiqueta “novela negra” é coma ás veces a de “tenreira galega” dos bistés envasados do supermercado: a tenreira pode ser galega de Baviera. Coa novela negra ocorre que a máis da que se publicita aquí con este nome adoita ser unha intriga policial con detective decadente pero riquiño en gabardina. Por tremendiño que poida soar, paréceme un caso moi notorio de publicidade enganosa. Despois hai tamén quen, de xeito máis honesto ou menos confundido, opta por falar de “negro ou policial” coma un único xénero. Volvemos ó andel do supermercado: “sardiña ou repolo” para identificar a mesma mercadoría.

Non deixo de achar enigmático o feito de que se teime en ofertar literatura policial baixo o nome de literatura negra. Se é evidente que é un policial, que mal habería en chamarlle así? Porque non podo crer que, se eu son consciente do erro, reseñistas con moitas máis lecturas no caletre cá min o ignoren. O que dá que pensar non é só iso, senón que se diría que a etiqueta “negra” tivera mellor reputación entre os lectores, malia que ó cabo lles vendan auga en botella de ron branco. É tamén preocupante o perigo de que un día os seus padais, a forza de costume, non noten xa a diferencia.

A pena de todo isto é o desperdicio, porque vexo o tempo presente, con tanta convulsión, incerteza, irracionalidade e ó tempo cuestionamento, moi acaído para o xénero negro. Non negro-policial nin pseudonegro realmente policial: negro chapapote. Comprendo, claro está, que tamén é tempo de medo, de mirar moi ben o que se fai, non vaia ser que a ousadía se acabe pagando coa perda. Comprendo moitas cousas, tantas coma me tocan o carallo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s