Obsolescencia da desculpa

frog-1015975_960_720

Unha tarde deste pasado inverno fun á Biblioteca Provincial facerlle unha visita a un amigo que alí botaba o tempo a estudar para opositar a funcionario do Estado. Unha visita de tantas, durante un dos seus descansos á beira da máquina de café. A el prestáballe (penso) a miña liña temática de ocorrencias absurdas, que canda a súa, de deporte e cinema sobre todo, lle ventilaba o caletre do fume da letra queimada dos temarios. Aquela vez pasou tamén por alí unha amiga súa, que levaba présa porque quedara en ir mirar un filme brasileiro que proxectaban na Deputación, creo. Era intrigante esta moza, no sentido de que a súa afección ó cinema que chaman independente, é dicir, eses filmes de dúas horas e vintecinco minutos nos que o máis entretido que sucede é que cae unha folla seca dun castiñeiro non cadraba coa súa ausencia de ínfulas intelectuais e de gusto por unha conversa medianamente “profunda”. O meu amigo propúxome alegremente que a acompañara. Ela non se opuxo. Eu si, mediante o argumento estándar do demasiado traballo pendente (falso coma un peso sevillano: daquela xa contemplaba a miña retirada da narrativa longa en galego, se ben non definitiva coma todas as retiradas, firme aínda hoxe). Ningún dos dous deu mostra de crerme. O comedimento estílase tan pouco hoxe que os comprendín.

Eu rexeitara o convite por unha razón maior. O meu amigo permitírase falar pola súa amiga sen antes consultar con ela, que aceptara a idea non se sabía se por conformidade verdadeira ou por non me facer o desaire. Tería eu ocasión de volver vela e así llo expliquei, desculpándome polo que puidera parecer rudeza pola miña parte e non foran máis que a prudencia e o respecto máis básicos. (Aparte, a miña impresión era que a moza, nas poucas veces nas que nos viramos, era máis ben reticente á miña persoa.) Ela non me deixou rematar e restou decontado toda importancia ó sucedido. Nesta reacción percibín unha incomodidade intensa, case a indignación propia do ofendido. Como mínimo, noxo. Foi case coma se entendera que eu lle estaba a propoñer sexo oral ou algo. E todo o que eu lle ofrecera fora unha desculpa.

Non é o comedimento o único que non se leva. O propio feito de se desculpar semella ser para moita xente unha excentricidade; talvez porque adoita verse coma un sinal de debilidade, ou de capitulación, algo pesimamente visto na era dos manuais de superación persoal. Sospeito que á amiga do meu amigo pasei a caerlle aínda peor do que lle caía antes, por paradoxal que poida resultar. Por iso me estraña ver que alguén esixe unha desculpa, e máis en casos recentes coma o do Presidente de México ó Goberno de España a conto dos estragos da conquista de América. Non se queren as desculpas cando proceden e poden arranxar algo, mais si cando carecen de todo sentido e utilidade.

A extinción sería pouco para nós.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s