Perder contra unhas bragas

urban-1513868_960_720

Foto: Joshua Wilson

Unha vez presenteime a un premio de microrrelato e perdín contra un microrrelato sobre bragas. Non lembro ben de que ía o tal relato, aparte de que ía de bragas: de moitas bragas. O meu era unha brincadeira elegante sobre a chamada intelixencia artificial, tan intelixente que mesmo chegaba a se enganar a si mesma, sen caer na conta disto ata non haber volta atrás. Pero non ía de bragas, para enorme desilusión dos membros do xurado, supoño.

O asunto deixoume intrigado. Leva a miña obra sendo desbotada en favor doutras ben variadas e con certa frecuencia moi necesitadas de mellora, a verdade sexa dita, tanto en premios modestos coma este coma en Premios De Prestixio, mais nunca tal me acontecera. Escribín ós organizadores do certame pedindo unha explicación en detalle, pois por non publicar, nin acta da resolución publicaran. Non deixei notar ton indignado ningún, por descontado: hai ben tempo que deixei atrás esa fase. Non. Todo era curiosidade. Agradecín que a réplica tivera máis de dúas liñas de texto. A señora encargada de satisfacer as miñas dúbidas non tiña nin idea de por que acontecera aquilo, pois todo o que atinaba a dicir, con arrodeos e amabilidade, coidándome doído, probablemente, era que fora así o ditame e xa. Convidábame a discutir a cuestión diante dunha cunca de café. Deixando a un lado a inutilidade deste acto, sabía eu ben da miña nada descartable fusión de fusibles diplomática en situacións coma esta e preferín non tentar o demo.

Era a primeira edición do certame, e polo que sei, resultou ser a derradeira. Dos dous organizadores, un deles deixou de existir de alí a pouco, e o outro non manifestou intención de continuar. E, malia que a señora puidera non se ter decatado, xa viña de dicirme demasiado.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s