Billy non podía ser Robin

billy-the-kid

Pat Garrett and Billy The Kid xa só o poñen en Trece e en sesión matinal. O que me pasa a min havos pasar a vós cando cheguedes ós meus anos, se non chegastes. Non é indignación de cinéfilo purista, non. É só esa sensación de avó Simpson, que un día estaba na onda, ata que alguén chegou e cambiou a onda e agora xa non sabe cal é a onda.

Pero non veño falar diso. Sempre gustei do que facía Peckinpah, sen admiración ningunha (nin baballas) pero agradecendo a (moita) idea que tiña do western e do negro, xéneros irmáns, ou sequera curmáns. Mais este filme nunca me acabou de convencer. Por ben feito que estea e por bos que sexan os actores, que o está e que o son, falla en algo básico: o seu Billy O Neno é demasiado inverosímil, mesmo para a mentira que é o cinema e mesmo para un filme de Peckinpah. Basicamente, é un Robin Hood do Oeste capaz de disparar ás costas. Un criminal sen cargo de consciencia que, ó tempo, para polo camiño para xantar na casa de calquera familia de labregos ós que lles fixo ou fai tantos favores e louba o estofado sentado entre os seus fillos pequenos, e eles non o acollen por temor, non, senón con aprecio de ar verdadeiro. Entendo que a intención do director era boa, poñer canta distancia se poida respecto ó maniqueo, mais a romana bascula de máis cara o lado da idealización. Igual pasara por aqueles anos co Bonnie & Clyde de Arthur Penn e demais; a recente The Highwaymen dá, a través dos ollos dos policías que os mataron, unha visión novidosa. A escena do tiroteo final amosa unha parella de asasinos (o que eran, dito sen intención de moralizar: explicando un feito) nada terribles no momento de se ver acabados, apenas dous nenos sentados nun coche con cara de susto, pero en todo caso nunca benfeitores de máis ninguén ca deles mesmos.

Billy non podía ser Robin como quen non teña dó ningún da vida allea non pode ser un veciño amable se non é por disimulo ou por comenencia, como moito. Porque esa caste de vida debe, por forza, apodrecer unha alma ós poucos. Non se mata e se gaba o estofado despois sen que haxa algo dentro dun que non anda ben.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s