50 sombras ou prender o candil

wooden-ladder-1958600_960_720

E. L. James afirma renegar do protagonista da súa serie 50 sombras de Grey. O da súa nova novela xa non é un macho alfa con gusto polo BDSM, senón que é máis “próximo e sensible”. Iso si, segue a ter en común co alfa a súa dobre condición de ben feitiño e podre de cartos, faltaría máis; ó anterior acaíalle máis a expresión que usan na miña casa: “rico cocho”. Como escritora dun éxito comercial notable, imaxino que a manobra será plenamente calculada, é dicir, todo o calculada que poida ser unha manobra humana, que é moito menos do que se poida pensar. A señora renega da boca da cobra sen desbotar o cianuro, que para algo dá olor ás améndoas.

Señora ou señoras, aclaro, pois, como queda dito, o invento deixa cartos nas librarías (e nas salas de cine) e non parece que o seu lector tipo sexa o estudoso da obra de Norman Mailer. Chamáronlle “porno para mamás” no seu día e posiblemente a descrición foi un lapsus de cabeza con mentalidade conservadora, querendo dicir “para mulleres maiores de 40”. Tal parece ser o seu público e, segundo bastantes medios e “expertos”, o da literatura en sentido amplo.

Comenteille hai pouco a un colega escritor que o único xeito que vexo de poder eu cotizar á Seguridade Social por medio desta profesión sería que se dera unha transgresión das leis naturais. Porque un ve estas cousas e sabe que non hai público para el. Os meus protagonistas nin son guapos, nin son ricos, nin moito menos gustan de lle zorregar a ninguén cun vergallo por placer erótico. Os meus protagonistas son infelices e con frecuencia fracasados no material: as súas vidas non son nada doadas, nin aspiran tampouco a facer realidade ningún soño neoliberal, senón apenas a que os deixen en paz ou ben a rebentalo todo. Nunca achei máis atractiva (nunha observación profunda, vaia) a unha persoa por físico nin por talonario, nin na realidade nin como escritor. Son dúas cousas que proporcionan unha vantaxe existencial evidente. A min non me interesa quen xoga con vantaxe. Ningunha historia que pague a pena escribirse hai aí.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s