Nostálxicos da coitela

goose-4153734_960_720

Foto: Mabel Amber

Sempre digo igual, pero é a verdade: vivimos nun programa de cámara oculta, onde se fai o que sexa, por impensable e carente de sentido que pareza, para provocar a cara de estupor no inocente escollido. (Outro día falaremos de por que, por algún motivo, máis ca razón, aparentar sorprendido equivale a ser parvo a ollos de moita xente.)

O outro día lin en internet que alguén se valeu deste artigo acerca da sobreprotección infantil para adentrar o marco uns metriños na leira do veciño, como poderiamos dicir aquí, ou para arrimar el ascua a su sardina, como dirían na meseta. O artigo expón, entre outros, o argumento de que unha presenza constante dos proxenitores no tempo de xogo dos nenos volve a estes menos resolutivos e máis dependentes, máis ou menos. O ideal parece ser deixarlles que arranxen os seus enredos entre eles, sen intervención adulta de ningunha caste. Pois ese alguén relaciona esa idea, que non sei dicir se é atinada ou non, por mor das miñas nulas formación na materia e experiencia como pai, coa (non o nego) moi mellorable calidade dos políticos nacionais entre Gata e Fisterra en xeral e, cághate lorito, aproveita para recomendar unha mínima intervención do Estado nos asuntos da cidadanía. Digo que o fulano moveu o marco ó seu favor porque é coñecido pola súa ideoloxía liberal no económico. Explica o home que, ata os anos oitenta do pasado século, os pais ben pouco se metían nos conflitos dos seus fillos pequenos, e que é a partir desa dećada cando todo comeza a se torcer. En poucas palabras: que os cagalilas dos mileniales, apelando todo o tempo a unha entidade superior non ben non lles vai a feira como quixeran, están matando España ou o mundo enteiro, que sei eu. Este señor pretende que antes dos anos oitenta era este cachiño de terra un lugar civilizado. Non sei onde viviría. Aquí penso eu que non.

O máis perigoso das súas analoxías é que alguén llas crea. Un país no que o Estado intervén pouco ou nada non é a mellor opción. O enxeño doado di que os Estados se crearon para que os pobres non pasaran pola coitela ós ricos. Unha definición máis seria di que a función do Estado é minimizar canto sexa posible as desigualdades entre uns e outros. Porque, antes dos Estados modernos, os conflitos resolvíanse coa coitela, basicamente. E sempre había (e hai) quen a tiña (e ten) meirande e máis aguzada ca outros, por ascendencia social, por ese factor diferencial da existencia chamado sorte ou polo que se queira. Os Estados están para que as coitelas queden no caixón, ou, se non pode ser, para que todos teñan a mesma. Segundo este concepto, concedo que o actual aquí é un fracaso. Difire do feudalismo en que os servos poden ter iPhone; ós da coitela grande concédenselles amnistías fiscais e ós da pequena, como moito, a RISGA.

Pois se así están uns e outros coa intervención estatal, botade contas do que sucedería se se aplicara ese criterio supostamente xusto e quitaran os árbitros dun partido no que os couces non valerían, porén (e esa é a diferenza maior), e por moito que se pregoe o contrario, o mesmo para todos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s