Os que non teñen aldea

art-1006001_960_720

Talvez o teña contado antes: Durante unha conversa cun meu coñecido, madrileño con anos de residencia en Lugo, dixo el que atopaba bastante substanciosos os salarios de aquí. Deixoume un algo perplexo, pois nunca souben dun salario lucense que puidera chamarse de tal xeito, en verdade, non sendo os Deses Que Todos Sabemos. Convideino varias veces a desenvolver a súa idea, intrigado eu, mais do dito non saía. Tivo que ser a súa muller quen me aclarara aquilo que seu home tiña en mente e, por (para el) obvio, non traducía en palabras. O meu coñecido madrileño coidaba que todo lucense tiña “aldea”, quere dicirse, parentela no rural, entendida no seu sentido máis materialista: varios quilos de carne, ovos e produtos da horta no maleteiro do coche cada fin de semana. El contaba con este complemento salarial en especie como algo xeralizado á hora de botar as contas do mes. Medio me tomou unha risa amarga ó explicarlle que eu non tiña aldea, e coma min moitos outros. Tiven a impresión de que non acabara de crerme. Os tópicos son resistentes coma o mofo negro.

É comprensible que non me crera. Hoxe hai moita xente a vivir, dun xeito ou doutro, da súa aldea particular. Nunha independencia ficticia. Marcharon da casa ós 18 ou ós 24, mais seguen indo xantar alí con moita frecuencia, ou teñen o seguro do coche a nome do pai, ou mesmo, literalmente, veñen encher a neveira propia a conta da da familia a cada pouco. Sei de casos. E o curioso destas persoas é que non semellan conscientes da súa condición verdadeira. Observan cunha conmiseración cariñosa a outras que teñen a súa idade ou máis e aínda viven cos pais. Falan delas coma se lles foran alleas. Lémbranme un pouco a un presidiario ó que lle deixan pasear media hora polo patio da penitenciaría adiante que faga burla doutro presidiario en cela de illamento.

Vívese moito de ilusións: da ilusión coma forza vital, e da ilusión coma engano.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s