A revelación no recendo ós doces

Nunca me sentín completamente obsoleto. Con todo, hai veces que me chegan sinais de que non é casualidade que as emisoras de música que me prestan estean todas na internet e poidan moi ben levar apegada a etiqueta de vintage. Un deles, moi poderoso, sucede a diario, na rúa. Vexo moitas mulleres novas, ou individuos que me parecen tal. Pode influír que toda a vida se me deu fatal calcular idades cunha precisión mínima, mais o carallo é que dou por certo que deben andar preto do tempo de opositar á Xunta e contratar unha hipoteca. A verdade maniféstase non ben paso a carón delas: as súas caretas de femia adulta esborrállanse coma a area mollada ó me chegar ó nariz o recendo ó Kinder Bueno e ó oído as súas lerias de estorniños en conciliábulo. Tiña lido nalgures que a polución pode causar nas adolescentes un desenvolvemento físico precoz, que non afecta á parte mental. Soa tan ridículo que será verdade.

Digo que non me considero fóra da onda por enteiro, e dou gracias por que así sexa. Di o actor José Sacristán que “a orixe de todo é feminina” e que o home é un “accidente” e un “provedor”. Son palabras dun home doutro tempo. De moi outro tempo. Preguntáronlle por hoxe e espetou iso coa mellor das intencións laudatorias, deduzo, de quen se quere ter por un poeta sequera pola intención do goce estético. Pensei, ó lelo, noutras reaccións semellantes por parte de homes criados entre fume de tabaco negro e camisas cos tres primeiros botóns desabotoados para airear a xungla capital peitoral. Ese esforzo por agradar fundamentado, talvez sen eles seren conscientes, nunha filosofía de sacristía: o varón de daguerrotipo adora a nai e maila Virxe; a elas se refire cando loa á muller. Co de que o home é un mero abáboro concordarían eses langráns que deixaban a moza preñada e escapaban para Londres ou para Rio de Janeiro porque, así o sentían, de alí en adiante a cousa xa non era para eles.

Sacristán debera saber que a Natureza, ou Deus, ou como se lle queira chamar, xamais padece accidentes. Non crea nada accesorio.

E eu, no entanto, sigo a confundir nenas con mulleres pola rúa e a escoitar rock dos 80 ó 2000 e retro soul desde Portland e París. Pero non estou obsoleto, oídes? Non de todo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s