As peiteadoras infames

thorns-2487839_960_720

Foto: Dimitris Vetsikas

Hai persoas con pouco que contar e moitas ganas de falar, como dicía Hubert Leyton dos aldeáns de Marsham en The Hole of the Pit (El agujero del infierno, en castelán, Ed. Valdemar) de Adrian Ross, que non facían máis ca relatar a súa aventura unha vez e outra porque máis nada interesante lles tiña acontecido. Un coñecido meu ten esa mesma teima. De cando en vez, e sen vir moito a conto, lembra o que lle pasou aquela mañá que foi cortar o pelo. A súa peiteadora, segundo el, é unha persoa especialmente negativa, “que parece que o fai enfermar a un”, di el. Nunca lle preguntei por que vai cabo dela se tanto lle desgusta a súa compaña; hai instintos humanos máis perniciosos e habituais ca ese.

Disque a muller recunca constantemente no mal que está o mundo. A el próelle en especial que estea tumba e dálle co desemprego, deduzo que porque el hai tempo que non traballa. Pois o día ese resulta que o meu coñecido xa tiña a mañá atravesada, e a cantinela da peiteadora acabou de lla escarallar. Daquela, conta el, non se deu contido e alí mesmo a puxo pingando: que por que tiña que lembrarlle o carallo do problema do desemprego, que deixara de poñerlle a cabeza tola, que sempre estaba igual, que calara dunha vez. Etcétera. Á vista doutro cliente e en voz nada baixa. O meu coñecido cóntao cunha especie de satisfacción malsá, coma a que lle poida quedar a quen á fin pillou á donicela que leva meses a facerlle estragos no galiñeiro coa boca chea de plumas ensanguentadas e acaba de lle fender a cabeza cun sacho.

Deste individuo sempre sospeitei que non é de todo ben da cabeza; talvez por iso logrou sen problema ningún cotizar oito anos á Seguridade Social no gremio lucense da construción. É tan simple e adoecido por causa de toda nimiedade que nin sequera comprende que a súa peiteadora se limita a facer con eficiencia o seu traballo, que en parte consiste en socializar a un nivel comercial. Os barbeiros e as peiteadoras case sempre lle van dar a razón ó cliente e falarlle, por un motivo práctico, do que calquera poida comprender, que non será do tratamento dos isótopos radioactivos, senón de algo tan común coma o que di o xornal.

Poida que non se decate, ou que tanto lle teña. Porque canto lle importará é que el se sentiu ferido por este recordatorio. E entenderá que é unha mostra de insensibilidade pola parte dela lembrarllo, malia que llo lembre igual a outros trescentos clientes, algúns deles no paro con case toda probabilidade e levando unha vida non mellor cá del, e fiquen impasibles ou (mellor) fagan chanza negra da súa desgracia. E entenderá que o resto do mundo debe adaptarse á súa pusilanimidade persoal. Á súa ausencia de vida interior verdadeira.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s