Os nunca escollidos. O meiquin of.

image4493

Velaquí o meu segundo libro de relatos desde A balada do nudista caviloso, ben distante no tempo, tanto como somos este Xerardo Vidal e mailo daquela, defunto ou tal espero. Xa o dixen máis veces, pero, malia que xa non sabería falar moito daquel libro, non renego del en absoluto, e sendo como era pouco máis ca un pastiche da literatura contracultural universal, en particular da banda de Richard Brautigan, aínda é do máis atrevido que se teña feito en materia de narrativa en Galicia desde entón, para min polo menos.

Os nunca escollidos é un título que se me ocorreu sen demasiado esforzo, porque é o que mellor lle acae. Son relatos que teñen en común a súa aparente falta de méritos maiores. Falando de Richard Brautigan, existía ou existe co seu nome unha biblioteca que acepta manuscritos chegados desde calquera lugar do mundo que teñan sido rexeitados por un editor. Eu aquí quixen facer outro tanto. Opino que, se non un premio, estas miñas ocorrencias merecen sequera verse publicadas.

Son relatos sobre todo, mais non só iso. Inclúo catro pezas de teatro radiofónico, que é un dos moitos formatos nos que sempre me interesou escribir, sei escribir e escribín, se ben non obtivo o meu esforzo a reacción que sería desexable. Como exemplo, direivos que varias delas concursaron en certo certame ben célebre e xa desaparecido, se non me engano. A primeira delas, Mortos ou menos vivos, serviu para que os organizadores modificaran as bases da seguinte edición para engadiren a condición de que os textos presentados debían ser aptos para a súa escoita por parte de todos os públicos. A cuarta non figura propiamente no apartado dos nunca escollidos, por un motivo que explicarei de seguido.

Como os nunca escollidos non daban para un paxinado moi extenso, rescatei, baixo o título As pequenas novelas galegas, os máis dos relatos que fun publicando no seu momento na primeira andaina deste blog, no Blogspot. Había anos que non os lía de novo e xa nin lembraba os máis deles. Sorprendéronme pola súa agudeza e imaxinación, tendo en conta que, coma cada entrada que publico, foran concibidos máis ca nada coma exercicios de estilo para me manter activo, por se mentres non houbera máis nada que escribir. Son breves e certeiros coma o impacto dunha bala. Ó último deles é realmente unha peza de teatro radiofónico que publiquei no blog “por entregas”.

A impresión que me deixa a suma dos nunca escollidos e das pequenas novelas galegas é a de que calquera destes corenta e tantos textos daría unha boa curta ou longametraxe de segmentos, logo dunha adaptación cinematográfica diría eu que non demasiado laboriosa. Mais, ás veces, non temos na vida outra que andar por un camiño que non nos correspondería pisar. E andamos.

Sobre o formato, repito co Amazon, a falta de mellor alternativa. Coma sempre, aclarar que o deseñado por min (maquetación, cuberta, etcétera) e o finalmente ofertado polo distribuidor poden diferir un tanto no tocante á calidade, por cuestións técnicas. Só podo dicir que o fixen o mellor que souben, e que o responsable do acabado do produto final é Amazon.

Coma sempre, o propósito desta miña oferta é o goce de espírito. Confío en que así sexa.

DESCARGA

Un comentario en “Os nunca escollidos. O meiquin of.

  1. Pingback: Os nunca escollidos. O material. – A PEQUENA NOVELA GALEGA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s