Polemiquiñas e sistemiñas

room-597166_1280

A semana pasada xurdiu na liña de tempo do meu Twitter Gonzalo Hermo ofertando unha sorte de listaxe de ameazas que todo/a escritor/a novo/a en galego tería que enfrontar, supostamente. Á marxe do atinado ou menos atinado da mensaxe a ollos de cadaquén, resulta insólita porque semella conferir ó chamado sistema literario galego unha transcendencia e alcance que algúns coidamos que sempre andou lonxe de ter. Pois todo sistema literario que mereza tal nome e poida presumir dunha saúde aceptable debe contar, entre outras cousas, con correntes de opinión opostas e ben activas que xeren certo interese entre un número moderadamente elevado de persoas. Quere dicirse, e por mal que soe, que debe haber desacordos de cando en vez.

Malia que podo estar mal informado, non lembro nada semellante aquí, polo menos de vinte e moitos anos para acó. Como moito, houbo polemiquiñas, algunha absurda, coma a certa indignación que causou Bieito Iglesias por ter gañado un premio de novela en castelán, outras divertidas, coma o intercambio de dardos de Jaureguizar e X. C. Caneiro, do primeiro cara o segundo sobre todo, mais aí parou todo. Unha máis seria foi a que armou (penso que foi) Héitor Mera, e xa choveu desde aquela, cunha recensión súa de Veu visitarme o mar, de Rosa Aneiros. A recensión non a dei atopado, e só lembro algunhas frases escritas nun ton se cadra demasiado informal para unha crítica profesional: Mera, corrosivo, loaba a capacidade da protagonista para aturar unha inxesta desmesurada e continuada de ansiolíticos, todo fora por aliviar unha angustia terrible por motivo múltiple ou inconcreto que podería chamarse, ó xeito británico, un spleen de cabalo. Con todo, recoñezo que é máis o que lembro da recensión que o que lembro da novela, e non o digo por mandar eu dardo ningún, senón cunha miga de preocupación.

Non, aquí non se dá ese intercambio de criterios. Existe unha opinión visible, un discurso realmente, e outras que non coinciden con este e que non son tan visibles, porque non se toleran no foro. É difícil que ninguén dentro del se poida queixar con razón de marxinación ou maltrato cando teñen as súas chaves e non coñecen oposición significativa. Non ten moito sentido botar a man á escopeta se o monte está limpo de lobos. As polémicas, que non polemiquiñas, non salvan ningún corpo moribundo nin o salvarán nunca, pero traen algo de osíxeno.

Un comentario en “Polemiquiñas e sistemiñas

  1. Pingback: O imposible traballo de ser escritor maldito en Galicia | BiosBardia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s