O paiaso na boca do inferno

belgium-2628371_960_720

Foto: S. Hermann & F. Richter

Unha adolescente italiana escribe a Nick Cave. A resposta é seica conmovedora e demais. Eu trato de lela, e chego apenas á metade. Parece un relato, máis ca unha carta. Pero Cave fai ben, tendo en conta o comportamento humano. A xente non valora a brevidade. Se teñen un problema e veñen contarcho en busca de consello, nunca lles deas unha resposta breve. É igual que teñas boa capacidade de síntese; os libros que mellor se adoitan vender son gordos coma valados. Crónica troiana ou entenderán falta de interese. Ou preguiza.

Atopo perfectamente prescindibles grande parte das palabras que escoito cada día. Non sabería dar unha porcentaxe exacta. Entre o 50 e o 80, por poñerlle: vai por días. Había unha frase nunha novela, esquecín cal, que dicía algo así coma: “Mirou á xente a falar nas terrazas dos cafés, seguramente de parvadas.” Era unha novela nada ambiciosa no literario, e con todo deu no albo como non teñen dado un cento doutras máis queridas polos escrutadores de parágrafos.

Case todo canto dicimos é unha parvada, por diferentes razóns. E porén, eu digo moitas. Son paiaso por hixiene mental, a miña e a de quen me escoita. Conforme corre o contador dos anos do mundo, a pertinencia do serio para un ser humano diminúe a forza de dentadas dun destino que noto, e non é difícil de notar, tráxico e poderoso. Digo parvadas, procurando iso si, que non sexan esas parvadas serias que saturan de bruído os meus días, as de demasiados adultos que coidan que librarán de todas as formas do infortunio se teñen vontade de tal.

Aprendín a rir cambaleando na boca do inferno.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s