Librar do intanxible

bridge-1819153_1280

Foto: Markus Spiske

Son dos que se propuxeron non saber xa do tema do coronavirus máis do estritamente imprescindible, e son dos que, dentro deste grupo, non o conseguiu. Outra moita xente afirma aborrecer o tema e ó tempo non é quen de falar doutra cousa. Busco ese cambio por todos os lados posibles, que é na rúa e nas redes sociais, que os demais están pechados por orde gobernamental. Inútil. De cada dez comentarios que me chegan, nove son inútiles e o outro é unha carallada moi de agradecer. Ruido monotemático así e todo.

Dixo Luigi Ferrajoli algo así coma que é absurdo facer provisión de armas para unha guerra e non de mascarillas para unha pandemia. Moi certo. O futuro pasa por tratar de librar con máis ou menos éxito, quere dicirse con máis ou menos baixas, dos invasores intanxibles. Máis ou menos baixas, digo, porque baixas vainas haber sempre, malia que non sexa agradable de pensar. Xa as hai, a pouco que se pense, de feito. Aínda non me explico ben como foi que xurdiu este rebumbio co CV19: para poñer ó mundo en estado de alarma non abonda cunha palabra desde o Alto, senón que é preciso un altofalante que difunda esoutro virus do terror. A máis da xente aquí non está pechada na súa casa a meirande parte das horas do día por comprender o alcance certo do poder devastador dun microorganismo, senón porque lles dixeron que o alberga, e tan alto coma o dese meteorito que por veces, de coña, desexamos que dea contra este monte de decepcións. Que foi o que levou á Ciencia e ós Estados a dicir trato e difundir esa mensaxe é cousa que non me alcanza e que é menos obvia do que algúns coidan.

De calquera xeito, entendo tamén que, pola mesma equivalencia, axiña urxirán (non recomendarán, urxirán) á prohibición da venda e consumo de tabaco, lambetadas hipercalóricas industriais, do cachopo e do churrasco, para desgusto costumista de tantos; aparte de impedir todo tránsito de vehículos a motor que non cumpran unha función elemental, por ver de, empregando o léxico bélico que é tendencia agora, sermos quen de derrotar entre todos á polución que tantos pulmóns envelena. Se se trata de salvar vidas, e din que toda é valiosa, as mortes causadas por todos estes elementos nada suxeitos a restricións nin obxecto de aprensión ningunha son tantas ou seguramente moitas máis cás que se están a dar nas UCIs do mundo hoxe e se darán xamais. Non son pandemias víricas, mais son ben máis letais. Levan décadas matando millóns de persoas cada ano. De cando en vez, alguén o menciona: unha voz na multitude, un artigo de suplemento dominical. E prestamos atención por un intre, para logo pasar á seguinte voz, á seguinte páxina, á que nos diga algo que nos preste máis escoitar. Que nos resulte insólito e atractivo, e non tan coñecido.

Claro que tamén nos podemos preguntar o seguinte: se a cuestión é librar do intanxible, algo a cada punto menos realizable como non sexa cun bunker en cada soto e a destrución do modelo actual de sociedade humana, ou comprender que camiñamos por unha corda tendida no aire e vivir con el.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s