Os heroes nos currunchos

building-4718121_1280Foto: Pawel Grzegorz

Hai bastante tempo, coido que nunha especie de suplemento para público xuvenil dun xornal, na sección de cartas dos lectores, lin a dunha que se laiaba dun clixé moi presente na ficción para adolescentes. Proclamábase farta de que o heroe que salvaba o mundo fose sempre un rapaz introvertido con gafas. Ela definíase coma unha de tantas mozas que tiñan saído de discoteca cos amigos na véspera dun exame. Quere dicirse, coma unha persoa normal. Ignoro se por tras desa carta había alguén real ou era unha invención da propia redacción, plantexando unha pregunta que, por obvia, atraería a atención dos lectores reais. De feito, e sen nunca pensar en poñela por escrito, eu coidei ter a resposta.

Que o heroe dunha novela ou filme xuvenil sexa un nerd ou friki ou como se lle queira chamar é o máis coherente e verosímil do mundo. É alguén a quen as borracheiras pre-avaliación trimestral, a perda da virxinidade na traseira dun utiliario e as historias para contar arredor dunha mesa de pub lle son negadas. Mal poderá perder a virxinidade porque moitas rapazas tiran ó malote (recoñézano ou, como é máis habitual, non), e mal se poderá integrar na manda porque é vítima da brutalidade do malote e da incomprensión ou indiferencia do resto. (Non dixen “manda” por descoido, por certo.) Nas novelas ou filmes, a ameaza que cae sobre o mundo adoita entrar pola traseira, ás caladiñas. Como a xente normal está tan sumida no seu propio balbordo, o único que pode decatarse é quen ficou silencioso nun curruncho distante e aprendeu a prestar atención ó que ninguén máis presta atención.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s