Os malos de Lenzi

Umberto Lenzi, aquel director de cinema para salas de barrio, dito sen desprezo ningún, explicaba que a inspiración para os seus poliziotteschi (cinema negro italiano que acadou a categoría de culto nos anos 70, nada refinado e moi exuberante), en particular para personaxes coma Il Gobbo (O Chepudo, aí enriba na foto, interpretado por Tomás Milián, actor cubano do método, morto hai pouco), a tiraba dos malfeitores dos filmes de James Cagney, que adoitaban presentar algunha tara física significativa.

Ás veces leo opinións sobre libros ou filmes nas que quen as emite se congratula de que un personaxe, poñámoslle homosexual ou negro ou xitano, non sexa presentado coma un malandro, unha demente ou cousa semellante. Nunha bastante recente, a opinadora falaba dunha lesbiana. A opinadora é desas persoas que entenden que a arte debe influenciar o social, polo cal toda explicación estritamente racional que se lle dea sobre o asunto lle entrará por un oído e lle sairá polo outro. Explicareino para o resto do universo: que unha lesbiana, persoa cunha condición sexual aínda hoxe observada con calquera reacción agás indiferencia, apareza na ficción (recalco a palabra) retratada á marxe da sociedade é algo do que se pode gustar máis ou menos, e que pode indignar mesmo, pero algo perfectamente verosímil. Os malos dos filmes de Cagney érano porque as súas eivas os fixeran rexeitables a ollos da xente “normal”, e en consecuencia empurráranos ó unico lugar no que poderían sobrevivir: o submundo, que lles termaba do orgullo e lles cebaba a cobiza tanto como lles ennegrecía a alma.

Na ficción (volvo remarcar a palabra), o malo da película pode chegar a ser o personaxe máis completo, ó ser o único que se pode permitir case todo tipo de condutas. Claro que, polo menos ultimamente, esta posibilidade non se está a explotar. Teño ocasión de mirar bastantes estreas de cinema independente da meirande industria mundial, a dos USA. Con independente quero dicir de fóra das majors de Hollywood, non falo necesariamente de cinema de festival. Pois ben, conclúo que: a) é unha época inmellorable para actuar se es muller ou varón dalgunha raza diferente da branca, b) basicamente os argumentos están deseñados para elevar a figura dos mencionados no apartado a e c), como consecuencia do anterior, o malo, que adoita ser o varón de raza branca co papel máis importante dentro dos actores da súa raza e cor do elenco, é un espantallo baleiro de calquera profundidade, que se limita a ceibar as súas liñas para dar pé ás da heroína antes de que esta o espose, ou o desenmascare ós ollos do mundo, ou lle fenda o cranio cunha macheta. Moi semellante, como saberedes, ó que está acontecer no literario. E é todo unha mágoa porque, como penso que dixo Buda aquel día, o noso erro é que coidamos que temos tempo. Mentres nos escorrega por entre os dedos coma a area, engado eu.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s