Quen de verdade debe cobrar

Foto: Josep Monter

Leo nas redes máis ou menos sociais a exposición de indignacións dunha xornalista, articulista e non sei se algo máis con pasado político institucional perante a acusación que alguén (disque) formulou contra ela de que o seu criterio de opinión dependía dos emolumentos recibidos. A señora explica que ela non vive do que escribe, que lamenta a súa emigración forzosa, que teme que a súa filla vaia vivir peor ca ela e outra serie de consideracións socio-económicas que ninguén razoable censuraría.

Hai un punto do seu discurso, porén, que non me acaba de chistar e que, creo, supón unha delación do inconsciente. É cando explica que moitas das súas colaboracións son de balde (como lles ocorre a demasiados escritores hoxe, e máis por aquí) e que outras veces é ela quen decide non cobrar porque sabe, di, da situación apurada dos seus contratantes e prefire deixar eses cartos para que cobre “quen de verdade debe cobrar”.

A señora, non o dubido, levará a mellor intención ó razoar deste xeito, mais a realidade é que acaba metendo o coche por ese carril tan transitado da práctica irrelevancia de quen xunta letras. Porque, nun mundo materialista, quen non cobra polo que fai, ou é altruísta e carece de necesidade, ou non é considerado merecedor de dignidade ningunha.

Porque os escritores éche o que temos: os conselleiros e mailos directores de xornal gaban a importancia de que escribamos, ó tempo que, coa lingua pequena, nos sitúan á altura profesional das criaturas de babeiro e cueiro. Son coma os pais de tantos aspirantes a actores, que, por moito que gustan da arte dramática, prefiren que o neno sexa procurador ou calquera outro oficio serio, non unha cousa “de cómicos”, por usar un termo obsoleto de eco moi suxestivo.

Podo falar por experiencia propia, de ter estado en tantos deses grupos de parola informal que se forman antes ou despois das entregas de premios literarios, con cargos da Xunta e burgueses a esforzarse en adoptar unha expresión de interese no que para eles só supón outro compromiso. En tales ocasións, adoito optar polo silencio, fóra dalgunha palabra cortés. Son persoas que observan con displicencia o que coidan prescindible mentres canto din é plenamente prescindible.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s