A “dona” e o “criado”

Foto: Sven Lachmann

Coñézoos de vista. Matrimonio do que chaman mediana idade. Teño estado algunha vez no negocio dela; sempre me pareceu un lugar algo desordenado e mal iluminado. É unha muller de aire algo serio pero non severo, en boas relacións coa xente do barrio, polo que se di. El non sei en que traballa. Case sempre viste con moita pulcritude e parece home afable e máis educado do que por aquí é costume; a min xa non me saúda, supoño que porque a certa intimidación que a miña presencia causa nalgunha xente, ou estrañeza, non sei, debe telo disuadido definitivamente de facer tal, como me sucede con tantas outras persoas.

Un día oín que ela comentara de cando en vez detalles da súa vida en común a algunhas amigas. Seica esta muller non padece o agobio que padecen tantas outras por mor de ter que atender ó coidado da casa e ó traballo de fóra a un tempo. No tocante ó primeiro, sería o seu home quen tería conta de boa parte del, permitíndolle así unha folganza non menor cá súa propia, imaxino. Algunha das súas interlocutoras teríalle preguntado como era isto, e ela teríalle contestado que xa tiña “o meu criado” para tales tarefas.

Descoñezo o ton co que dixo semellante cousa. Moi probablemente, carecería de calquera odio e mesmo de desdén; vexo aí, talvez, unha fanfurriñada moi de barra de bar. E é que non é preciso o matiz negativo: pódese falar do can da casa co meirande dos agarimos, pero o can non deixa de ser can nin de comer debaixo da mesa nin de durmir nun curruncho. O que eu sei é que, se alguén a quen se supón que aprecio ata o punto do compromiso matrimonial se esmera en me facer a vida máis doada, cousa que nin é heroicidade ningunha nin tampouco debe terse por obriga sobreentendida, o único concepto que desa muller non tería é o que a deixaría á altura do servizo doméstico.

Coido que todos teremos oído de cousas semellantes. Eu, de moitas aínda hoxe. Mesmo no trato diario con certas mulleres me teño visto obrigado a renunciar a unha das miñas excentricidades, como é a cortesía. Cada vez que dobraba o lombo para que a outra, á que sabía xa cansa e de pouca forza, non tivera que dobrar o seu, tiña a impresión, xulgando polo seu comportamento posterior, de estar a facer algo absurdo. Son vello para cambiar e xa non renunciarei ás miñas excentricidades, e aparte levo mirados demasiados filmes da Hammer Films, mais agora procuro ser máis selectivo e menos persistente.

Haberá quen siga a dicir que facer algo polos demais non custa nada, mais se cadra a razón de que tantos prefiran non facelo está máis clara do que nos parece.

Haberá quen pense que o mundo cambiará para mellor cando unha negra queer ocupe a Casa Branca ou presida Inditex. Para min, o mundo cambiará para mellor cando os considerados non reciban o tratamento de criados.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s