Os sobrios

Foto: Mikhail Mamontov

Supoño que debera estar a ler a [poñede aquí o voso autor barra a, esquecido barra minoritario, refuxiado albanés existencialista moderno barra activista subsahariana de frases moi sonoras barra misántropo finés barra eu que cona sei con tal que o barra a reivindiquen os barra as universitarios barra as que van de guais e son uns barra as repuntantes no fondo], ou se non a Dostoievski, no sitio de escoitar na internet Bottle o’ Groove ou algunha emisora de música dos 80, fedellar no Inkscape na cuberta dun libro que non sei se acabarei publicando ou simplemente botar os días a rebulir intranquilo sen saber moi ben que facer. Pero non estou a ler ó barra a autor barra a, nin a Dostoievski. Se temos que proceder en función da experiencia allea, como con tanta frecuencia se nos insta a facer (“compara como acabou ese, que pensaba deste xeito, e aquel outro que pensaba doutro diferente”), os lectores barra as do autor barra a ou de Dostoievski son polo común uns barra unhas cretinos barra as moi lidos barra as. Así que, por esa medida, escollín ben, digo eu.

Despois do Nadal, quere dicirse este sábado pasado, o primeiro que fixen ó saír da casa foi tirar fotos da xeada nos prados, ou no que o desenvolvemento urbanístico perralleiro deixou deles. A xeada está en perigo de extinción. Cada ano hai menos días dela. Poida que, á volta de dez ou vinte, xa non volva xear. Así que achei oportuno capturar a súa imaxe para vindeiras xeracións. Os indios norteamericanos, algúns cando menos, crían que a alma quedaba presa nas fotografías; sería divertido que a xeada quedara presa no produto da cámara do meu móbil.

Foi o máis relevante que fixen en todo o día, e case con toda probabilidade será o máis relevante que faga no que resta de ano, Deus vaia con el, por certo. Digo relevante de verdade, non o que tanta xente entende por tal. Cada vez estou máis convencido de que esa teoría que virou lugar común do rock and roll de que o único que importa é vivir axiña e deixar un cadáver fermoso non vai desencamiñada. Habería que tirarlle a palla, naturalmente: no sitio de meter merda no corpo e foder con todo o mundo e demais tiros no propio pé e corda longa para os baixos instintos que tanto divirten ós barra as cretinos barra as dos autores barra as ou mesmo de Dostoievski, se cadra vale moitísimo máis mirar a xeada nas mañás soleadas do inverno, mentres as haxa.

Prometo que non estaba drogado cando escribín isto. Como moito, nostálxico.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s