Cada 17 de maio

Foto: Michael Knoll

Antes, nas aldeas, polo menos naquelas das que procede a miña familia, era costume entre a xente máis vella engadir unha sorte de prefixo/sufixo cando se refería a un defunto. Eu sei de dous. Se se tiña boa opinión do defunto, dicíase “Dositeo da Veiga, en-paz-estea”. Se se tiña mala, “Dios-perdon’-a” Dositeo da Veiga”. Esta mentalidade aldeá lémbrame un pouco ás bases ideolóxicas da literatura galega actual máis popular e valorada, por maniquea. Un só podía ser en-paz-estea ou Dios-perdon’-a. Nunca entendín isto. A algún defunto Dios-perdon’-a mencionado na miña casa tíñao coñecido, e se o resto da súa vida foi un fillo de puta, que non o sei, a min non me tratou mal. Mais o ser humano tende á clasificación do individuo por sistema. De non facelo, os movementos ideolóxicos que pretenden reinvindicar ou atacar un colectivo xamais existirían. E non sei se non tería sido mellor.

Hoxe acordei cavilando nestas cousas, e preguntándome que clase de defunto sería eu se tivera vivido e morto na época na que aínda se falaba así dos defuntos. Supuxen que, por intencións, sería un en-paz-estea, e no social, na adaptación ó medio, para entendérmonos, decididamente un Dios-perdon’-a. E cando a tal conclusión cheguei, por aí nalgún curruncho do caletre oín os primeiros golpes de batería de Ramblin’ Gamblin’ Man, de Bob Seger.

Minto. Non só foi hoxe. Acordo con estes pensamentos moitos días. Sempre chego a esa mesma conclusión. A música pode ser diferente.

E xa non sei que carallo quería dicir, nin por que cada 17 de maio, entre eses moitos días, acordo pensando na morte. Tanto ten.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s