Peter Pan e Barrio Sésamo

Foto: LoggaWiggler (Pixabay)

Estes días ando a batir na radio da internet, nunha emisora especializada en música dos anos oitenta, con esa canción de Billy Joel que non parece de Billy Joel, Pressure. O título é tamén o refrán, pronunciado este con carraxe e unha miga de crueldade. Na letra, o narrador acusa a alguén, se cadra a si mesmo, non sen certa ironía, de non ser quen de poder coa presión da vida adulta. Dille algo así coma que “razoas ó xeito de Peter Pan, e toda a túa vida é a televisión e Barrio Sésamo”, citando de memoria e non literalmente.

A canción debeu ser un éxito no seu día, e non me estraña. Moita xente se pode sentir identificada co que conta. Moita xente non pode coa acumulación de facturas, cos enredos da vida de parella ou coa tendencia humana a poñer pexas coma o chef moderno engade deconstrucións e gaseados ó que chama prato, coma se a resolución efectiva un problema en trinta segundos e oito palabras fora algo antinatural e houbera que ir, por facer as cousas con xeito, ata as seis horas ou dous meses de respecto a súa opinión pero non a comparto e temos que falalo con tempo. Peter Pan sería un asasino en serie no mundo do 2021.

Eu mesmo tendo a ser menos paciente cos anos. Cada vez tolero menos esa clase de persoas que, coa mellor intención, supoño, non deixan de che preguntar que e o que vas facer, como non fixeches aquilo cando podías, que burro fuches, e maña que vai ser de ti, etcétera. Esa clase de persoas que chaman burros ós demais e non se decatan, que chaman cegos ós outros e non ven. Coido que o dicía Facundo Cabral: que raro é o ser humano, que nacer non pide, vivir non sabe e morrer non quere.

Que a vida é hoxe.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s