Kieślowski e os días de mal acougo

Foto: Atanas Paskalev

O luns pasado deron na 2, en Días de cine clásico, Aterriza como puedas. Como era de esperar, non tardaron algúns espectadores veladamente ofendidos en correr ás redes a deixar constancia do mala que (segundo eles) era. A algún linlle que non pasaba de sucesión de sketches estilo Martes y 13. Certo. É unha sucesión de sketches estilo Martes y 13. Coma Top Secret, outra de Abrahams e Zucker, desta unha parodia non do cinema de catástrofes, senón do bélico. Encántanme as dúas. Véxoas moitas veces, nas noites deses días nos que non atina un coa indumentaria axeitada para unha climatoloxía con trastorno de personalidade múltiple, se avaría todo ó tempo e os cubertos non paran de esvarar das mans. Son reconfortantes, estes filmes “sen pretensións”; xa expliquei noutra ocasión a natureza verdadeira do humor, que non é nada alegre, e menos sofisticada do que algúns poidan supoñer. Supoño que os detractores destas sucesións de sketches mirarán, neses días de mal acougo, filmes de Kieślowski, ou que sei eu. Que lles presten.

Unha cousa moi da época presente son os humoristas sen gracia. (Penso que nalgures lle chamaron así a Beppe Grillo.) Eses supostos humoristas que gardan o chiste no seu chiste tan ben gardadiño que un se coida estúpido porque non é quen de dar con el, ou ben conclúe que toman en serio o humor do xeito equivocado: eses supostos humoristas teñen en tan grande estima o chiste que o pechan baixo chave para que ninguén o vexa.

Porque o humor é algo tan serio que non toma nada en serio. Por iso debera despacharse nas farmacias. Aterriza como puedas é un filme que toma todo a chanza, inclusive o que hoxe se coida sagrado (se o tedes visto, lembraredes a Robert Graves preguntándolle ó cativo con certo reparo se gusta dos baños turcos e dos filmes de gladiadores, ou aquela escena interpretable coma apoloxía do maltrato na que media tripulación malla nunha pasaxeira histérica). Como non vai indignar a tanta xente? Sobre todo á amiga da reclusión carcelaria do chiste e á que nin sequera sabe rir cun chiste porque non sabe o que é o chiste.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s