O outro Valle-Inclán

Batín co meu veciño poeta o outro día. Contoume que Francisco Fernández del Riego lle chamara “Valle-Inclán”. Sería, explicoume, non tanto por afinidade literaria coma porque ningún dos dous gañara un peso coa literatura. Del Riego, supoño que como afago, cualificara a situación do meu veciño, e supoño que tamén a de Valle, coma “heroicidade económica”. O meu veciño poeta viña cargado cun feixe de barras de pan coma quen leva un neno pequeno. Non puiden evitar sorrir perante o detalle irónico. Talvez lle puido pasar desapercibido a el mesmo, malia que sospeito que é máis sutil aínda do que quere dar a entender coa súa aparencia de indixente obsesionado coa reciclaxe. Si que riu cando lle dixen que, falando de heroicidades económicas, Del Riego si que había alucinar se me tivera coñecido.

Seguín avenida abaixo, cavilando ó sol naquilo das heroicidades económicas. Ser pobre non debera nunca ser considerado unha heroicidade. Tampouco, a diferencia do que pretenden facer pensar certos artigos de tendencias en certos medios, unha nova moda. Como moito, podemos aproveitar para non comprar uns vaqueiros novos porque a rachadela na entreperna dos actuais pode moi ben confundirse coa deses vaqueiros de 60€ do trinque que queren adoptar unha estética de precariedade. Non é un pecado que os verdadeiros precarios se beneficien da frivolidade burguesa. Pero ata aí.

Non recordo ter falado co meu veciño poeta sobre a cultura do esforzo e da resistencia, esa non tan diferente da lei do patio do colexio pois as dúas se basean na máxima de marica quen chore. Outra sospeita miña é que, de facelo, faría el o que sempre fai cando acha insignificante o que se lle está a contar: baixar a cabeza, murmurar un “ala, adeus” e marchar sen máis.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s