A oportunidade no «engano»

Este ano seica levou o Planeta unha novela escrita por tres homes e presentada baixo seudónimo feminino. Algunha xente anda alporizada. Entende que se lle está a quitar o espazo ás mulleres. O sucedido non é nada que eu non teña visto en vinte e tantos anos de escritor en máis dun premio literario en galego, se ben diferente na idea do que en realidade é o Planeta; de feito, aínda non sei se no futuro non haberá algunha sorpresa neste sentido por aquí. A xente teoriza de xeito aberrante. Cancela a Woody Allen porque alguén o acusa de algo, como cancelarán, supoño, a Bryan Ferry porque opinou hai poucos anos que as tropas nazis en pleno desfile tiñan un aire moi elegante ou cousa polo estilo. Esa xente pretende que o artista sexa a personificación do que ela entende por virtude, cando a arte desde sempre é transgresión. O artista non é unha persoa normal.

Aparte disto, esas reaccións revelan algo máis perverso aínda. Os ofendidos séntense enganados. Quere dicirse, se eles tiveran formado parte do xurado, teríanlle concedido o premio non á obra, senón ó seudónimo. Noutras palabras, terían gustado da obra se fose escrita por unha muller; se o fose por un home, non. Tal actitude fai dubidar, penso que con moita razón, do seu suposto interese artístico. É mesmo unha infracción da norma primeira do regulamento non escrito dos xurados e, en sentido amplo, dos lectores: o que debe valer é a obra, non quen a escribe. Do contrario, é unha perda de tempo solicitar o envío baixo seudónimo. Coidado con se converter naquilo que se detesta.

Con todo, algo moi importante deste asunto no que ninguén semella reparar é nas posibilidades deste «engano». Estes tres señores xa se valeran do seudónimo feminino antes, igual ca outros moitos antes, como dixen. Confeso que non lin nada do que escribiron; a obra presente, polo menos do xeito no que a presentan, semella tan anodina e cinguida á medida do comercial que tampouco me atrae especialmente. O caso é que, ocultos debaixo dese nome inventado de muller, venderon libros e ninguén agás o seu editor quixo saber quen serían. É isto algo impensable na edición convencional actual, que ficou obsoleta: segue a solicitar fotografía do autor para a lapela e compromisos para presentacións e sinaturas de exemplares e charlas en institutos. A oportunidade é a de que a historia, sexa esta máis ou menos do agrado de cada un, sexa a que importe.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s