Non é París

Foto: Tom Wieden

O meu veciño poeta colleume hoxe con présa. Malia todo camiñamos xuntos un pouco pola avenida abaixo na tarde de outono, ese tempo indeciso. Contoume que non gusta da pintura de Blas Lourés. Iso dixo ó comezo. Axiña concretou: do que non gusta é dun costume do pintor, como é o de querer cobrar polos seus cadros. Tiven que tomar partido polo artista non presente: todos deberamos querer cobrar, por dignidade, por moralidade e por comer. El acenou cara a sucesión de fiestras de baixos cun letreiro de «SE ALQUILA» pegado no vidro. «Non ves como está todo? Non hai cartos para iso». Recoñecín que non deixaba de ter o seu mérito pensar así en quen pasaría por un indixente a ollos de quen non o coñecese.

Tamén el fixo unha concesión argumental: ollou arredor outra vez e dixo que Lugo é cidade onde a xente vive apenas para traballar e mirar a televisión. Unha cidade para estar, para sobrevivir. «Non é París, desde logo», coincidín eu. El aprobou o comentario, coido que comprendendo que non estaba a me valer do lugar común. O París do que eu falaba era non unha cidade, senón unha ilusión.

Pouco máis tarde tiven que me despedir para, desta si, ceder ó convencional dun horario ríxido. El deu a volta en redondo e despediuse sen máis. El non cedeu.

Un comentario en “Non é París

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s