Lume e tebras

Foto: Paula Alvarado

Leo que os antigos prendían fogueiras antes da chegada do inverno coma un xeito de chamar pola luz antes do tempo das tebras. A escritora chamoulle maxia simpática: representar un acontecemento para invocalo. Todo canto queda hoxe desta non aceptación das leis naturais (reacción tan humana) é o alumeado navideño. Abel Caballero, ese druída moderno. Lume para esquecer o frío, celebración para esquecer, se cadra ou sen se cadra, a miseria do resto do ano.

Hai que dicir que, hai mil ou dous mil ou tres mil anos, o mundo era un lugar ben máis escuro e salvaxe có actual. Nas sombras, era moito o risco de se perder polos camiños sen bater con quen dera orientación, e non había nada da porta da cása para fóra máis có frío e a fauna nocturna. Hoxe, moitos xa non buscan acubillo á beira do lume ó empardecer, senón o contrario: para eles, todo o tempo anterior e posterior á noite é tempo apedrado á espera. Antes a noite era un perigo, agora é un refuxio. De día, os males e os defectos son máis visibles. Na noite é doado que pasen desapercibidos cando todos foxen de algo. Logros da modernidade? Eu que sei.

As noites desta época do ano, que tanto semellan convidar a tantos ás versións modernas dos festexos de antano, só me suxiren o que supoño que é un atavismo. Non quero mesas superpoboadas, nin fartura coa máscara a pendurar dunha orella, nin bendicións e desexos de boa fortuna e saúde co ton rutineiro a abrollar por baixo da falsa cordialidade. O único que quero é un sitio á beira do lume, e as tebras aí fóra.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s