Os ladróns de corpos 2.0

Invasion-of-the-body-Snatchers-0

Tiña pensado escribir sobre a aparente obriga de case todo artista actual de opinar sobre a actualidade política. Unha entrevista con Dave Eggers, como adoita suceder con escritores así, deume un tema mellor.
Eggers non libra, desta tampouco, de preguntas que pouco ou nada teñen que ver coa súa obra. E si, de política tocou. Non hai que pensar moito para adiviñar sobre quen lle preguntaron ou sobre quen el mesmo dá a súa opinión, se cadra por aforrarlle folgo ó entrevistador: correcto, sobre Donald Trump.
Logo das expresións de mágoa habituais (é un inepto, unha desgracia, etcétera), acaba por enlazar a figura de Trump coa masculinidade. Vai máis aló e di que ve moitos “homes inútiles” no país, porque perderon os seus empregos e, seica sumidos nunha crise existencial, acabaron votando a Trump. Nun paso tremebundo, sentencia que se os Estados Unidos foran gobernados por unha muller serían “unha nación máis pacífica e eficiente”.
Dave Eggers ten dado proba de posuír unha cabeciña fóra do común. A mesma que escribiu Ahora sabréis lo que es correr. Cústame dubidar que saiba que o que dixo é propio dun faladoiro vespertino con publicidade de cafeteiras. Penso máis ben que se decata perfectamente pero cre que debe dicir iso por algún tipo de imperativo moral, non sei se ditado pola época. Ou poida que de certo o crea e precise, como é o tema da súa última novela, empezar de cero en todos os sentidos. Un reseteo, diría un informático.
Sospeito que, de ser o primeiro caso, non é o único colega que se sinta impelido a dicir caralladas, esaxeracións sen o único que as fai tolerables, o humor, desvaríos inclusive. Semella que os mova a necesidade de ir canda os tempos, como dixen, ou que certas mentalidades moi estendidas lles teñan abducido o pensamento, coma n’ Os ladróns de corpos, de Jack Finney e logo de Don Siegel. Por cousas así celebro non ser un escritor famoso. Creo que, aínda que me vira dentro da camisa de xente coma Eggers, a miña resistencia mental non deixaría fírgoa por onde pasar o mal influxo. Son demasiado fiel á miña teima en levar a contraria. Pero gracias a Deus por se acaso.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s