O valor de andar a destempo

stormtrooper-1343877_1280

Sucedeu hai anos, ás sete ou sete e media dunha tarde, non sei de Noiteboa. Eran subsaharianos, polo aspecto e polo acento. Acababan de saír dun Gadis no que xa estaban a baixar a reixa. Preguntáronme se sabería dalgún supermercado aberto. A esas horas e neses días, e sobre todo en Lugo, máis doado sería facer abrollar auga mexándolle a un penedo no Mohave. Non llelo quixen aclarar e mandeinos avenida abaixo. Coidara ver algún aberto e confiei en que alí tiveran máis dó deles, que á fin e o cabo non pedían nada que non fora de lei darlles. Só trataban de manter unha rutina do máis común, como é entrar nun supermercado antes das nove da noite sen que te boten.

Antes, cando aínda había especiais de Martes y 13 a noite do 31 e eu era unha persoa moi diferente, non, pero desde entón, andado o tempo, para min a quincena final do mes de decembro rematou por ser a expresión non de présa leda coa que a xente aperta o paso rumbo a esa Cea, senón a de apuro daqueles subsaharianos, metidos nun rebumbio festivo no que todo o mundo semella baixo o efecto dalgún narcótico euforizante e no que a ninguén lle importa un carallo que quen chegou tarde ó reparto da farlopa quede sen festa.

Que esta lucidez é mala cousa se un non se pode exiliar en Marte mentres dure a charlotada ben o sabemos. Por preferir, preferiría a inconsciencia de quen che escolle un molete pouco cocido e che pregunta que tal as festas, e ti dislles que as túas comezan o 7 de xaneiro, e responden “Si, a min tampouco me gustan nada estes días” en ton de estar devecendo por se poñer inusualmente elegantes para meterlle o dente a un lacón. Iso é integración. Non dá lugar a ningunha incomodidade. Non hai conflito.

Cando está tan de actualidade a palabra democracia, reparo de novo no pouco democráticas que son as “ocasións especiais” se son multitudinarias: penalizan a carencia de fervor. Cando falta esa farlopa intanxible ou se ten a desgraza de ser sanote neste sentido, eu doulle un 11 nunha escala do 1 ó 10 a quen ten os collóns de ir facer a compra de Noiteboa a destempo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s