A lóxica do youtuber

match-1100912_960_720

Foto: Gerd Altmann

Un youtuber entrou onte nun instituto, subiu a unha aula, esmagou unha torta na cara do profesor, que estaba dando unha clase de informática e fuxiu. Seica o autor da tortada, de confirmarse que é el, é un habitual destas argalladas. Ás veces senta nunha terraza da Praza Maior e fai coma que vai beberlle o café a un cliente, ou entra de repente nun coche alleo parado nun semáforo. Sempre hai unha cámara gravando. A escena súbese despois á internet e só resta agardar pola fama.

O instituto é o mesmo no que fixen eu a miña bastante inútil Formación Profesional hai xa moitos anos; daquela non se chamaba coma agora, pero sospeito que toda diferencia relevante fica aí. Non coñezo persoalmente ó fulano da torta, de xeito que mal podo afirmar nin que sexa un cretino de vida polo demais insubstancial, nin que as súas aspiracións máis elevadas estean supeditadas a gañar relevancia mediática.

E malia isto, coido que comprendo por que fai o que fai. Sexa cretino ou sexa transcendente, a realidade é que hoxe a pouca xente se lle recoñece a valía que poida ter se non é provocando este recoñecemento pola vía do coiro duro. Como moito, existe o camiño (non moi) alternativo da consecución dos obxectivos mediante a construción dunha estrutura social básica: o que se chama ter axuda dos amigos que se fan máis ca nada ó caer en gracia e/ou ó estar no momento e no lugar axeitados, algo indispensable se un se dedica a calquera tarefa (digamos) artística, e dependente do azar, sen remedio.

O youtuber é persoa do seu tempo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s