De activismo si que se morre (a arte polo menos)

embers-142515_1280

Foto: Hans Braxmeier

Javier Ocaña escribiu unha recensión sobre o filme The invisible man que é novidosa e algo inquietante. Novidosa porque non é habitual ler un crítico posicionarse a prol do argumento (por chamalo así) extracinematográfico de xeito tan directo como el o fai; no literario, sobre todo por aquí, éche outro conto. Do filme, afirma Ocaña que o máis logrado é “a súa carga social en torno á violencia de xénero”. Remata a súa exposición recuncando: a mellor noticia é, seica, o seu “activismo”. Digo que o asunto é algo inquietante porque, se se chegan a ter en conta as súas palabras coma xuizosas, podemos atopar a Lidia Falcón triunfando na Berlinale o que non puido triunfar na política institucional por mor desa súa teoría da conveniencia de queimar o monte porque unha bubela lle cagou no chapeu. Por poñerlle.

O activismo na arte é, falando as verdades, motor de onanismo espiritual e dificilmente será nada máis nin nada distinto xamais. Nos concertos de Rage Against The Machine, onde vai daquilo, dubido que houbera moitos republicanos; si podería haber capitalistas salvaxes, mais a súa presencia deberíase ó dólar (con motivo), non á mensaxe. A arte non se leva co activismo, tanto se este vai de pagafantas coma de malandro coma de todo o contrario. A arte non pretende a toma de consciencia, senón, como moito, da inconsciencia.

Nunca acabou a cousa ben cando a arte fodeu co activismo sen protección. Nada teño contra a mestizaxe, pero hai especies que non deben mesturarse baixo ninguna circunstancia, como dicía Peter Cushing como Sherlock Holmes a Sir Henry sobre ir ó páramo pola noite en The Hound of the Baskervilles, dedo en alto, cara seria: cero coñas, amigo. Se ben poida a xenética consentilo, de aí xurdirá un monstro, un sucedáneo ou, non sei se peor aínda, unha falsidade.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s