A man da persoa amada

Nun capítulo de Mindhunter, había un asasino en serie que, ó ser entrevistado na prisión polos dous protagonistas, axentes do FBI especialistas en conduta criminal, afirmaba que toda interacción humana, mesmo coller a man da persoa amada, é un acto de violencia. A ambientación da serie corresponde ós anos 60-70. Un comprende decontado por que esa persoa xamais poderáía vivir nunha sociedade civilizada, verdadeiramente ou en aparencia, como o son con frecuencia as actuais. A civilización implica, en maior ou menor medida, devolver todos os saúdos que cada día se reciben na rúa. No trato diario superficial coa xente, é moi doado percibir o estrés que lle causa seguir o regulamento social. A primeira vez saúdan con bo humor, a segunda con seriedade, a terceira con desleixo, á cuarta cruzan a rúa. Estes seres non queren ser seres sociais. Coma certo personaxe de ficción, aman demasiado a súa soidade, que para eles consiste en saudar só a quen lles peta saudar.

Desde hai tempo, sobre todo desde que nos debates electorais participan partidos de ultradereita, e máis aínda desde que (ex) membros do Goberno español reciben por correo balas de fusil, este estrés maniféstase na expresión-mantra “con fascistas non teño nada que falar”, e en citar, para contradicilo, ese lugar común segundo o cal “toda opinión é respectable”. A primeira, se non se pronuncia coa cabeza a ferver, se se profundizou no seu significado completo, é o que adoita chamarse “unha declaración de intencións”: se as cabras do veciño che veñen rillar na horta e non se pretende dialogar, xa se sabe que alternativa queda, tendo presente que os animaliños non desaparecen porque se olle cara o ceo. A segunda, non sei como semella pasar desapercibido, é unha cita errónea. A correcta viría dicir que poden non respectarse as opinións de alguén, pero debe defenderse o seu dereito a expresalas.

As dúas ideas son evidencia de que o asasino de Mindhunter anda ceibe dentro dun. De que se está afiando o coitelo para que rebane o pescozo das cabras dun golpe, e de que se está cargando a escopeta para cando veña o veciño mirar por que non volveron para o seu prado. Ou para cando a persoa que nos quere nos colla a man se temos o día revirado.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s