‘Slashers’ literarios

cutter-659074_1280

Falaba Emma Pedreira dunha súa visión (moi) persoal novelada do caso Romasanta, e ó ler o que contaba lembrei a saga Venres 13 de Sean Cunningham. Quixen mirar, de feito, o ata agora derradeiro reboot, esa mestura de terror e sexploitation de 2009. Souben refrearme a tempo.

Unha das distincións que Pedreira se propón na súa novela fronte ó que ela entende coma convencional é “falar de Romasanta sen darlle excesivo protagonismo para non descompensar [sic] as súas vítimas, non crear un achegamento inxusto, unha mistificación”. É unha declaración algo contraditoria, porque na mesma entrevista afirma que lle interesa saber os motivos do que seguramente será o asasino en serie máis famoso da historia de Galicia. Quere meterse na súa cabeza, e ó tempo restarlle protagonismo. Non se lle pode negar o risco.

Aquí non pretendo facer unha crítica desa novela. Comprendo que estamos nunha fase na que na ficción literaria é tendencia a fiscalización moral e o intento de axuste de contas respecto á realidade. Non a pedimos e non sabemos ben como foi que xurdiu, pero velaí está e os resultados son os o que son. Quedo con esa idea básica entre aspas, que vexo errada de principio a fin. Se queres falar dun asasino, e facelo ben, o asasino debe ser o protagonista absoluto, non a vítima. O contrario é armar un slasher literario: unha especie de autómata homicida, silente e implacable, por unha banda, e pola outra o grupo heteroxéneo, máis estándar ou menos estándar, cada un coa súa historia particular, a xeito de peóns dun Deus aburrido e putañeiro. Pode non agradarnos un asasino, mais o escritor está para expoñer, e o xuíz para xulgar. O feito de que Pedreira semelle interpretar que o protagonismo dun personaxe equivale á xustificación ou mesmo á dignificación dos seus actos, algo que non pode ser máis falso tomado coma norma, é indicador dun concepto perigosamente maniqueo do oficio, e talvez de pouca fe na capacidade de discernimento do lector. Penso, escribindo isto, noutro exemplo de cinema, como foi a interpretación que Bruno Ganz fixera dun Hitler próximo ó final no filme que en castelán titularon El hundimiento. Tal interpretación amosara demasiada humanidade para algunha xente, seica, ou ben o soñei, non sei. O Führer tiña que quedar reducido a un boneco cun bigotiño ridículo esbardallando con voz de criatura. Iso tería sido o correcto para non dar (máis) pulo ó movemento neonazi, supoñemos.

O Venres 13 de Marcus Nispel non é mal plan para unha noite coma estas que quedan ultimamente, con todo. Nunca oín que levara nada en Cannes, pero todo se andará.

2 comentarios en “‘Slashers’ literarios

  1. Pingback: (A)normalidade literaria – A PEQUENA NOVELA GALEGA

  2. Pingback: O soño do asasino – A PEQUENA NOVELA GALEGA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s